Dúbida de embarazo

Onte mantiven relacións ca mina moza e fallounos o preservativo. Tan pronto rompeu saquei para fora e non houbera acabado dentro do condón, podería estar embarazada?

01-04-2014

O risco de embarazo vai depender de se empregachedes correctamente o preservativo e do momento do ciclo menstrual no que se atope a túa moza.

En canto o uso de preservativo aínda que non houbera exaculación dentro da vaxina e importante saber se se empregou dende o comezo da relación , xa que antes da exaculación o home segrega o liquido preseminal. Este é unha secreción para a limpeza e lubricación da uretra antes da exaculación que aparece no orificio do pene durante a excitación, e a medida que esta excitación aumenta, maior será a cantidade de líquido preexaculatorio, especialmente en momentos previos a que ocorra a exaculación. O líquido preseminal pode conter espermatozoides, aínda que en menor cantidade que nunha exaculación.

En canto o momento do ciclo menstrual, aínda que calquera día do mes no que se manteña unha relación sen empregar un método anticonceptivo ou utilizalo de forma incorrecta unha moza pode quedar embarazada, en determinados momentos o risco pode ser maior, como cando está ovulando. A ovulación soe ser na metade do ciclo menstrual, aínda que non é algo exacto xa que a regra pode verse afectada por múltiples circunstancias (estres, cambios na alimentación,..) e sobre todo en rapazas novas onde os ciclos poden ser irregulares.

En definitiva, non é posible dar una resposta concreta. Pero se empregachedes o preservativo dende o comezo da relación, o retiraches ó romper e sen que houbese exaculacion e a túa moza ten regras regulares e non se atopa na metade do ciclo non hai risco de embarazo. Sinto non ser máis concreta, pero por este medio e ca información que me dades non pode ser de outra maneira. Se necesitades máis información podedes acercarvos por aquí ou chamarnos ó teléfono: 981 87 40 86 (en horario de 9:00 a 14:00 horas).

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.