Teño una dúbida

Ola María, eu estou tomando as pastillas anticonceptivas e tiven un fallo ao tomalas,explícoche. Hoxe e luns e xa se me agotaron as pastillas pero como estaba cas placebos preferín compralas o día seguinte e ese día non tomalas entonces o martes compreinas e olvidouseme de deixar sen tomar a do luns entonces o que fixen foi retrasar as que non son placebos. Que fago xa rompín a cadea das pastillas anticonceptivas ou non pasa nada. Grazas e un bico.

01-01-2015

Antes de nada desculpas pola tardanza, pero non foi posible contestar antes.

Aínda que rompas a cadea agora debes seguir tomándoas con regularidade e por precaución deberías empregar un método alternativo, como o preservativo, polo menos unha semana xa que cando de quere modificar o ciclo menstrual recomendase reducir os días de descanso non aumentalos xa que se pode reducir a eficacia da píldora.

A continuación tes recomendacións de como modificar o ciclo menstrual cando empregas a píldora anticonceptiva:

Se queres retrasar a regra:

Cando remates cos comprimidos activos da túa tableta (xa sexan 21 ou 24, é dicir, sen contar os comprimidos de placebo), comeza directamente con outra tableta, sen deixar días no medio. En principio, tal e como aparece no prospecto da túa pílula, podes seguir tomando os comprimidos da outra tableta ata que queiras que che baixe a regra (por exemplo, se queres que che vinga a regra dúas semanas máis tarde, encadeas os dous blísters e ao acabar dúas semanas de comprimidos deixas o catro ou sete días de placebo).

De todos os xeitos, a maioría dos médicos recomendan que se vas atrasar a regra, encadees dúas tabletas seguidas (que non deixes a segunda á metade), para previr desaxustes hormonais. Así, sería coma se te saltases un mes de regra. Tamén debes de ter en conta que é relativamente probable que manches un pouco durante o segundo blíster, aínda que non baixarache a regra da maneira habitual.

Se queres adiantar a regra:

Tes que facelo polo menos un mes antes -antes de acabar o blíster anterior-. É dicir, se faltan dúas semanas para que víngache a regra, xa non podes facer nada para que báixeche uns días antes. No caso de que esteas a tempo, deixa menos tempo de descanso. Por exemplo, se a túa regra vaiche a vir un venres, e ti queres que che baixe o luns anterior, o mes previo non completes os teus días de placebo, se non que debes empezar a tableta seguinte catro días antes.

Podes reducir os teus días de descanso pero NUNCA aumentalos, deixarías de estar protexida ante un embarazo. Cuantos menos días de descanso collas ou comprimidos de placebo tomes, máis probable é que non che baixe a regra no seu momento, e que presentes manchados durante a seguinte tableta.

En todo caso, ante calquera dúbida, consulta a un médico ou farmacéutico. E non esquezas que é unha práctica que se pode realizar nun momento determinado, pero da que non convén abusar.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.