Ola boas, o meu problema é o seguinte. Esta fin de semana concretamente o día 4 mantiven relacións sen protección ca miña parella, en teoría iamos usar a marcha atrás, pero entre unhas cousas e outras … O meu primeiro día de regra foi o 24 de marzo, e duroume 3 días. Gustaríame saber si podería ter algunha probabilidade que me cadrara mentres ovulaba, e si existe un risco moi alto de embarazo. Teño 19 anos e agora un fillo non e o mellor momento.
Pregúntanos
-
Problema -
María, se tomo pastillas anticonceptivas e sigo utilizando o condón e imposible quedar embarazada? -
Duda de pastillas Ola María,fai tres semanas deixei de tomar a píldora diaria e aos dous días tiven un leve sangrado e ata aí ben. Onte tendo relacións co meu noivo rompeunos o preservativo, tan pronto como rompeu quitou o pena da vaxina e aínda non exaculara. A dúbida é se podo quedarme axiña embarazada. Xusto despois de que pasase fun a ouriñar e outra dúbida é se as pastillas seguen facendo efecto un período de tempo despois de deixalas. Grazas de antemán
-
Como estimularme a min mesma? -
María son a rapaza que tomou mal a pastilla, tomeina o 7° dia en vez d tomala o 8° e aínda non me veu a regra,e as pastillas acabeinas o xoves, é normal? -
Pero non pasa nada non? As pastillas seguen facendo efecto, non? -
Opinión Quería probar as copas menstruais, que opinas sobre elo?. Grazas
-
María teño 16, e teño unha dúbida. Mira eu estou tomando as pastillas anticonceptivas Yira,e ten un descanso de 7 días, o mes pasado remateinas un venres e claro tiven que volver a tomalas o seguinte venres.Pero este mes acabeinas hoxe un xoves... Está ben?E que eu pensaba que todos os meses tiña que acabalas o mesmo día, é dicir, o venres. -
Duda As pastillas anticonceptivas llevan cortisona?. Porque a maioría das rapazas engordan.
-
Consello Estaría ben que cambiarades o voso proceder nesta páxina, pois e algo moi útil para todos os xóvenes que coma min temos tantas dúbidas. Unha das cousas que poderiades mellorar sería personalizar un pouco as respostas, explícome, mais que nada por evitar tanto corta pega na maioría das cuestións. Vale que moitas das preguntas teñen respostas comúns, pero esmerádevos un pouco, xa que parecen respostas feitas por un ordenador. Outra cousa tamén a mellorar sería o tempo que tardades en responder. Por exemplo, digamos que poñedes unha hora limite, por exemplo que todas as preguntas feitas antes das 6 se responderán nese dia o resto quedan po dia seguinte. Así conseguides so ter que mirar as preguntas a unha hora. Sinto si estes consellos lle molestan ou ofenden directamente a alguén pero solo o fago porque esta paxina podería ter moitísimo mais tirón entre nos si estivera mellor montada. Grazas -
Embarazo Facendo hoxe venres 5, 12 dias dunha relacion de risco ( sen condon e exaculando dentro) faltando ainda 2 semanas para ter a regra podome facer agora o test de embarazo ou teño k esperar a que me toque ter a regra para que de un resultado fiable?
-
hepatite infecciosa En que consiste unha hepatite infecciosa ?
Pódese transmitir por vía sexual ?
-
Se deixas de comer adelgazas?. Se só como ao mediodía podo baixar a barriga. -
Dubida Se mantés relacións sexuais con teu mozo en auga salgada por exemplo, (praia) ou en auga doce, (piscina ou bañeira) podes quedar embarazada, hai risco de quedar?
-
Dubida Ola María, eu quería saber si empregando cremas vaxinais por molestias como picor, etc, … pode influenciar na eficacia da píldora?
-
Test positivo con evra. Ola, quería preguntarvos si tedes coñecemento de se os parches Evra provocan unha alteración no resultado dos test, posto que levo usando os parches tres meses e correctamente. Por casualidade fixen un test de embarazo por motivos fora de que eu tivera dúbidas dun posible embarazo. A miña sorpresa foi que dou positivo. E claro votei d contas que estaria mal o test. Pero o facer o segundo para saíir de dúbidas o resultado foi o mesmo. Quero saber se esto pode ser un embarazo real aínda empregando anticonceptivos, posto que teño 18 anos e un neno agora non me fai ilusión ningunha. Grazas por atender as miñas dúbidas.
-
Todas as pastillas anticonceptivas serven para non quedar embarazada non? -
Para quedar embarazada ten que correrse dentro non?, se no se corre non me quedo embarazada?. E que é a primeira vez e nunca falei con ninguén de sexo. -
Se tomas as pastillas anticonceptivas todos os días, e usas peservativo non quedas embarazada non...?E só te quedas embarazada se o teu mozo che se corre dentro..? -
Si te tomas a pastillas anticonceptiva dúas horas tarde do normal pasa algo?. É que sempre a tomo ás 10 e o outro dia tomeina ás 12