Pregúntanos
-
Pode afectar a miña inseguridade e a baixa autoestima na miña primeira relación sexual? -
Grazas por axudar respondendo a todas as nosas dúbidas! Noutros casos a moitas daríanos vergoña facer este tipo de preguntas, sinceramente, moitas grazas :)
-
Como calmar as dores menstruais? -
Existe algunha posibilidade de facelo amor cunha persoa co <abbr title="Síndrome de Inmunodeficiencia Humana">SIDA</abbr> (sen preservativo) e non contaxiarte? -
Se non tes a regra podes quedar embarazada? -
Metodos anticonceptivos: Boas María, mira quería saber se sabes se se necesita permiso paterno (eu teño 16 anos) para usar anticonceptivos como: ANILLO VAGINAL (NuvaRing)/PARCHE ANTICONCEPTIVO (EVRA)/IMPLANTE SUBDERMICO (Implanón)
-
¿Existen as pildoras anticonceptivas masculinas? Teño entendido que, ou existen ou son aínda experimentais. Unhas píldoras anticonceptivas para homes que se deben tomar cada 3 meses e non producen efectos nin hormonais nin de ningún outro tipo a quen as inxire. Se me puidésedes informar algo mellor de se están xa no mercado ou se están a saír, canto valen e si poderían ter efectos secundarios agradeceríavolo moito.
Grazas ;)
-
Menstruacións moi dolorosas. Ola María, mira o meu problema e que desde fai bastante tempo cando todos os meses me ven a regra, ven acompañada dunhas dores moi fortes, fun ao medico e o único que me dixeron foi que si miña nai o consentía comezara a tomar unhas pastillas (hormonas) e como teño 16 anos a miña nai non lle pareceu ben. Que outra solución hai?
E outra pregunta, que pode ser que sintas dores durante a penetración sen ser virxe e usando lubricantes?
Moitas grazas.
-
Pódese aplicar polbos comestibles en xenitais? E outros produtos, tanto en feminino coma masculino, grazas.
-
Dóeme facerme dedos Xa non sei que facer.. axuda?
-
Preliminares e embarazo A miña parella e mais eu durmiremos xuntos un par de días. Ambos sabemos onde temos o listón, nada de coito por agora, pero xa falamos do que nos apetece facer, xa que gústanos ir pouco a pouco, decidimos permanecer espidos e facer o das últimas veces que facemos nos "preliminares".. pero ao estar espidos, se hai algún roce entre xenitais sen chegar á penetración, correría algún risco? (E falo de roces durante moitas horas, a verdade..)
Moitas grazas
-
Pódeme afectar nas relacións sexuais que me operaran de fimosis? Recentemente operáronme de fimosis, poderíame afectar iso as miñas relacións sexuais?
-
María, sempre me gustaron os homes, pero ultimamente sinto algo moi raro por unha compañeira miña. Isto é moi raro, que podo facer?
-
Boas María. ¿É verdade que se te masturbas, aumenta o pene? -
Que tipos existen de anticonceptivos? Que non sexan os preservativos.
-
É segura a marcha atrás? O meu mozo e mais a min non nos gusta ter relacións con preservativo, e entón usamos a marcha atrás, e perigoso?, hai risco de embarazo?.
-
Quería facerche unha pregunta... Miña nai morreu o ano pasado, e a miña irmá xa non vive na nosa casa, vivimos meu pai máis eu sós, o caso é que me da vergoña falar con el das cousas normais, como a regra e iso... ¿Que podo facer?. -
Relación a longa distancia Eu teño unha moza pero que vive en Navarra, a verdade e que falamos moitas veces polo móbil e por facebook pero non sei ben se está ben que saia con alguén que está lonxe de mín. Ademais de que eu quéroa pero sempre estiven namorada dun rapaz que vive onde vivo, pero el só me quere como amiga... síntome infiel. ¿Qué fago?. Rompo ca moza?.
-
¿Son bisexual? E que cando era pequena atraíanme mulleres e homes segundo a miña nai e despois nun curso pensei que só me gustaban as mulleres. É dicir, pensaba que era lesbiana pero dinme conta de que tamén me gustan os homes. Así que non sei ben se estou confusa ou si son bisexual. Porque gústanme as mozas, pero só me sentín atraída por un mozo aínda que el é algo afeminado e as miñas amigas din que non conta, que el é coma unha muller... non sei. ¿Poderíasme axudar?
-
Boas María, ¿o sexo so consiste no pracer?