Pregúntanos
-
Non me importan as consecuencias , eu so quero saber si eso adelgaza? -
Grazas por darnos a charla, son un alumno de terceiro do IES Nº 1 e quería saber como satisfacer sexualmente á parella. -
Vomito case todos días o que como. Iso adelgaza?. Eu véxome igual. -
Podo conseguir a píldora diaria sen que meus pais saiban nada?. Teño 16 anos e dáme vergoña comentárllelo. -
Cando manteño relacións sexuais co meu mozo sinto dor nos ovarios pero só a sinto con el, é moi bruto pero iso gústame. Será debido a que ten un pene demasiado grande?. -
Boas María , eu máis meu mozo de 23 anos, case 24, e eu, de 16, practicamos a marcha atrás. Nunca tivemos ningún problema nin tiven nin un só retraso pero expulso un líquido transparente, practicamente todos os días, e antes non me pasaba , fai un ano ou ano e pico que perdín a miña virxindade e non sei porqué poderá ser.
Tamén mantiven relacións sexuais con outros rapaces sen protección, ¿é posible que pillara algo?
-
¿É malo a utilizar os Parches Anticonceptivos durante moito tempo? Comecei a utilizar os parches anticonceptivos en agosto do ano pasado, e quería saber si utilizándoos moito, ten desvantaxes; como por exemplo: Dentro duns anos, se quero quedar embarazada, será mais difícil ou terei complicacións?. Moitas grazas.
-
Si tes relacións sexuais (practicas o coito) antes de ter unha vacina da que no me acorda o nome, de maior podes coller cancro de útero? -
Fumo desde fai bastante pero agora, non sei porque, fumo un cigarro o un porro pero só un e xa me encontro mal, dóeme a barriga e teño ganas de vomitar e iso débese a? -
Son desconfiado porque quero evitar un embarazo non desexado, moitisimas grazas de verdade -
Moitas grazas Moitas grazas, é posible que non vira a perda de seme tras comprobalo?
-
Embarazo non desexado? Quixera saber se miña moza esta embarazada... fíxeno con dous condóns e exaculei nun e comprobei que non estaba roto. Pero, sen embargo, a menstruación á miña moza chegoulle con dous días de retraso e foi mais curta que o habitual, podería estar embarazada?. Grazas.
-
Cambio da hora da toma das pastillas anticonceptivas Ola María, mira estou tomando Drosure diario e xa vou a rematar o blister, agora as pastillas estounas tomando todos os dias as 8 e media da mañá, como fago para poder tomalas ao mediodía?: Simplemente espero a comezar o novo blister e xa o empezo o novo a esa hora? Ou teño que tomalas apartir de agora a hora de sempre?
-
Cando me masturbo sinto unha dor na cabeza moi forte. Que pode ser? Que fago? -
Hai dous días que perdín a virxindade, era o meu segundo día de regra, esta mañá cortóuseme, pero ao medio día xa a tiña, estou embarazada? -
Dúbida sobre <span>Drosure</span> Ola María: o meu problema e que estou tomando Drosure e xa estou nas pastillas placebo (na 3ª pastilla placebo) e aínda non me baixou a regra, a que se pode deber?.
-
Cal é a idade idónea ou recomendada para comezar a tomar a pastilla anticonceptiva? -
¿É normal que soñe continuamente que lle "poño os cornos" á miña moza? Teño 19 anos e levo 2 anos ca miña moza da mesma idade, só tiven sexo con ela. Moi frecuentemente soño que me deito con outras rapazas, incluso con outras mozas que tiven (pero eu só fixen o amor con ela), e no soño acabo arrepentíndome moito, e cando esperto doume conta de que era un sono e sinto moito alivio. E iso que un nunca lle puxen os cornos, nin moito menos, estamos moi ben. Gustaríame saber si é normal, e si debo preocuparme.
Grazas, un saúdo.
-
O seme expúlsase en grandes cantidades na 1ª exaculación, ou aumenta a cantidade gradualmente? -
Rompeume o preservativo. Son menor de idade, que fago? Ola María, pois pasoume iso, rompeunos o condón e non sei que facer, pódesme dar algún consello? Grazas por escoitarme.