Pregúntanos
-
Tes que ir acompañada polos teus pais ao xinecólogo se es menor de idade? -
¿Que pasa se es menor de idade e queres interromper o teu embarazo? ¿Que razóns hai que ter para poder interrompelo? ¿E se non llo queres dicir aos teus pais?
-
Que pasa co 3% restante? Os preservativos só son eficaces de se usan ben o 97%, pero que pasa co 3% restante?
-
¿Como se sabe se se está preparada para manter relacións sexuais con penetración? O meu mozo fíxome saber que quería ter relacións comigo, pero eu non sei se estou preparada. As veces síntome un pouco presionada, non polo meu mozo, senón por algunhas das miñas compañeira e amigas. Isto crea moitas dúbidas na miña cabeza e estou un pouco confusa. Grazas.
-
Podo estar embarazada? Ola, fixen a marcha atrás co meu mozo, e estou tendo un atraso de 5 días, debo preocuparme?. Antes sen ter relacións sexuais xa tivera un atraso dunha semana e pico pero agora mesmo estou teño dúbidas. Saúdos.
-
¿Hai un centro renacer en Santiago de Compostela? -
Pílulas anticonceptivas 2 Xa sei que aínda que non estean subencionadas pódense seguir empregando pero non todos temos os cartos que valen no seu importe completo, así que por favor, gustaríame que me dixeras algún método anticonceptivo (que non sexa o preservativo) que segundo o teu punto de vista seria adecuado para unha rapaza de 17 anos (por favor, se pode ser unha resposta directa mellor).
Grazas pola tua atención :)
-
Pílulas subvencionadas A marca Linelle segue subvencionada?. Por que unhas si e outras non. E cales son as que teñen menor carga hormonal?.
-
Pílulas anticonceptivas Agora que as pílulas anticonceptivas non están subvencionadas que outros métodos anticonceptivos se poden empregar?
-
Estou no mesmo caso ¿Pero a matronas pódeas receitar igualmente?
-
A matrona pode receitar as pastillas anticonceptivas ? Teño 18 anos e unha relación estable co meu mozo (2 anos ), gustaríame tomar a píldor , teño que acudir a matrona ou o xinecólogo ?
En que se basean para receitar un ou outra marca de anticonceptivo?
Moitas grazas .
-
Hai un centro renacer en Asturias? Porque teño entendido que un amigo vai ingresar pero non sei onde nin nada poderíasme dicir dirección e que actividades se fan e que tipos de persoas admiten e durante canto tempo.
-
¿Dende este centro danse subvencións para financiar algun proxecto con drogodependentes? e sendo así, cales serían os requisitos que terían que cumplir? -
Estou tola por querer ter un fillo con 18 anos?. María acudo a ti por que sei que se lle conto a outra persoa xulgaríame e chamaríame tola. Grazas.
-
Ola María, poderíasme dicir cales son os primeiros síntomas dun embarazo. -
Teño unha pregunta... Quero saber se podo chegar a quedar embarazada tendo relacións sexuais uns días antes da miña menstruación. Finalmente tiven a menstruación normal e que non sei se estou embarazada, sáeme leite dos peitos.
-
Meu mozo fixo presión no meu orificio vaxinal co seu pene cando contiña líquido preseminal. Podo estar embarazada? -
Podo estar en estado se meu mozo tiña liquido preseminal no seu pene e rozo a miña vaxina 2 segundos sen chegar a penetrar? -
Por favor, axuda! Necesito saber se nunha farmacia poderíanme vender a pílula do día despois tendo 15 anos. E no caso de que non funcione, cando podo abortar e se é posible facelo sen o consentimento paterno.
Grazas.
-
Estou embarazada si meu mozo so rozou os xenitais de ambos pero non chegou a penetrar? Non estou segura se contiña líquido preseminal, pero creo que non. Si tiña, podo estar embarazada?