Esta páxina web, ao igual ca a maioría de páxinas en internet, usa rastros para mellorar a experiencia do usuario/a. Deseguido atopará información sobre que son, que tipo utiliza esta páxina web, como pode desactivalos no seu navegador e como desactivar especificamente a instalación destes de terceiros.
Que son os rastros?
Os rastros son pequenos arquivos que algunhas plataformas, como as páxinas web, poden instalar no seu ordenador, smartphone, tableta ou televisión conectada. As súas funcións poden ser moi variadas: almacenar as súas preferencias de navegación, recompilar información estatística, permitir certas funcionalidades técnicas etc. Nalgunhas ocasións utilízanse para almacenar información básica sobre os hábitos de navegación do usuario/a ou do seu equipo, ata o punto, segundo os casos, de poder recoñecelo.
Por que son importantes?
Os rastros son útiles por varios motivos. Dende un punto de vista técnico, permiten que as páxinas web funcionen de forma más áxil e adaptada ás súas preferencias, como, por exemplo, almacenar o seu idioma ou a moeda do seu país. Ademais, axudan os/as responsables dos sitios web a mellorar os servizos que ofrecen, grazas á información estatística que recollen a través delas. Finalmente, serven para facer máis eficiente a publicidade que lle amosamos, grazas á cal lle podemos ofrecer servizos de forma gratuíta.
Como os utilizamos?
Navegar por esta páxina web supón que se poidan instalar os seguintes tipos de rastros:
Rastros de mellora do rendemento
Este tipo de rastros conserva as súas preferencias para certas ferramentas ou servizos para que non teña que reconfiguralos cada vez que visita o noso portal e, nalgúns casos, poden ser achegadas por terceiros. Algúns exemplos son o volume dos reprodutores audiovisuais, preferencias de ordenación de artigos ou velocidades de reprodución de vídeo compatibles. No caso de comercio electrónico, permiten manter información sobre a súa cesta da compra.
Rastros de análise estatística
Son os que, tratados por nós ou por terceiros, permiten cuantificar o número de visitantes e analizar estatisticamente a utilización que fan os usuarios/as dos nosos servizos. Grazas a iso podemos estudar a navegación pola nosa páxina web e mellorar así a oferta de produtos ou servizos que ofrecemos.
Rastros de xeolocalización
Estes rastros son usados por programas que intentan localizar xeograficamente a situación do ordenador, smartphone, tableta ou televisión conectada para, de maneira totalmente anónima, ofrecerlle contidos e servizos máis adecuados.
Rastros de rexistro
Cando vostede se rexistra na nosa páxina web, xéranse rastros que o identifican como usuario/a rexistrado e indican cando vostede se identificou na páxina. Utilízanse para identificar a súa conta de usuario/a e os seus servizos asociados. Estes rastros mantéñense mentres vostede non abandone a conta, peche o navegador ou apague o dispositivo.
Ademais, poden usarse en combinación con datos analíticos para identificar de maneira individual as súas preferencias na nosa páxina web.
Rastros publicitarios
Son os que, tratados por nós ou por terceiros, permiten xestionar eficazmente os espazos publicitarios do noso sitio web, adecuando o contido do anuncio ao contido do servizo solicitado ou ao uso que realice da nosa páxina web. Grazas a ela podemos coñecer os seus hábitos de navegación en internet e mostrarlle publicidade relacionada co seu perfil de navegación.
Outros rastros de terceiros
Nalgunhas das nosas páxinas pódense instalar rastros de terceiros que permitan xestionar e mellorar os servizos que estes ofrecen. Un exemplo deste uso son os enlaces ás redes sociais que permiten compartir os nosos contidos.
Como podo configurar as miñas preferencias?
Pode permitir bloquear ou eliminar os rastros instalados no seu equipo mediante a configuración das opcións do seu navegador de internet. No caso de que as bloquee, é posible que certos servizos que necesitan o seu uso non estean dispoñibles para vostede.
A continuación ofrecémoslle enlaces nos que encontrará información sobre como pode activar as súas preferencias nos principais navegadores:
Que ocorre se se deshabilitan os rastros?
No caso de bloquear ou non aceptar a instalación de rastros é posible que certos servizos ofrecidos polo noso sitio web que necesitan o seu uso queden deshabilitados e, polo tanto, non estean dispoñibles para vostede; así non poderá aproveitar por completo todo o que as nosas webs e aplicacións lle ofrecen. É posible tamén que a calidade de funcionamento da páxina web poida diminuír.
Aceptación de rastros
Se vostede segue navegando despois de informalo/a sobre a nosa política de rastros entendemos que acepta a súa utilización.
Ao acceder a este sitio web ou aplicación por primeira vez, verá unha ventá onde se informa da utilización dos rastros e onde pode consultar esta política. Se vostede consente a utilización, continúa navegando ou fai clic nalgún enlace entenderase que vostede consentiu a nosa política de rastros e, polo tanto, a súa instalación no seu equipo ou dispositivo.
Ademais do uso dos nosos rastros propios, permitímoslles a terceiros establecelos e acceder a eles no seu ordenador. O consentimento do uso dos rastros destas empresas está ligado á navegación por este sitio web.