Xornada “25 Anos na prevención”

Cartel informativo da xornada

10/09/2015

Con motivo da conmemoración do noso 25 aniversario a Asociación Antidroga Renacer de Riveira, organizamos unha xornada baixo titulo “25 Anos na prevención”.

O obxectivo desta xornada é reflexionar sobre o realizado ata a actualidade no campo da prevención das drogodependencias e brindar un espazo onde aportar e construír novas propostas de actuación, facilitando a participación e proximidade de entidades, profesionais, persoas voluntarias e de todos os interesados neste campo, co ánimo de contribuír á consolidación dunha sociedade cada día más saudable.

A xornada esta dirixida a profesionais do ámbito da prevención das drogodependencias, institucións e asociacións vinculadas a este. E terá lugar o vindeiro 2 de outubro (de 9:30 a 18:30) na Aula do centro cultural Manuel Lustres Rivas (Riveira).

Para poder asistir os interesados/as deberán mandar, antes do 18 de setembro, un correo electrónico cos datos persoais (nome, apelidos e organización á que pertenza) a renacer@asociación-renacer.org. A inscrición é gratuíta.

O traballo das entidades sociais no ámbito das adiccións enmarcase nun contexto, momento e modelo de sociedade que está en continuo cambio, que require dun constante análise e estudo,  para afrontar os desafíos que se nos presentan dun xeito máis adaptado e sostible posible.

PROGRAMA

9:30 Rexistro de asistentes e entrega de documentación

10:00 Acto inaugural.

10:30-11:30 Do pasado e presente, proxectando ao futuro.

D. Jesús Cartelle Fernández (Médico psiquiatra, Xefe do Servizo de Drogodependencias do Concello de Riveira).

11:30 Pausa-café

12:00-13:00 Acertos e desacertos na prevención do consumo de drogas.

D. Elisardo Becoña (Catedrático de Psicoloxía Clínica da Facultade de Psicoloxía da USC).

13:00- 14:00 Mesa coloquio: O que fomos e o que somos.

Poñentes:

D. Jesús Morán Igrexas (Xefe de Servizo. Delegación do goberno para o Plan Nacional sobre Drogas. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade)

D. Manuel Araujo Galego (Psicólogo Clínico UAD-ACLAD. Coordinador de Desenvolvemento de ADAFAD. Redactor-coordinador do Boletín COPOLAD-Informa)

Modera: D. Jesús Cartelle Fernández (Médico psiquiatra, Xefe do Servizo de Drogodependencias do Concello de Riveira).

Comida: Intercambio de experiencias

16:00- 17:00 Os xóvenes e as súas familias ante as novas adiccións: presente e futuro.

Pôñentes:

D. Manuel Isorna. Técnico de prevención do Concello de Catoira. Profesor asociado da Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Vigo.

D. Antonio Rial Boubeta. Profesor titular de Psicoloxía da USC.

17:00-18:00 Mesa de experiencias

Participantes:

Dona Carmen Avendaño (Presidenta Asociación-Fundación Erguete de Vigo)

Dona Rosa Otero (Presidenta Asociación Antonio Noite)

Dona María González Suárez (Presidenta Asociación Antidroga Renacer)

Entrevistador/Moderador: D. Suso Souto (Xornalista)

18:00 Clausura.