Vive o único positivo do cannabis: DEIXALO!
18/06/2015
España xunto co Reino Unido e Francia está como líder da UE no consumo de cocaína e cannabis entre a poboación de xóvenes; según os últimos datos do informe anual do Observatorio Europeo das Drogas.
Outro dato relevante deste informe indícanos que o cannabis é a droga ilegal máis consumida en tódolos grupos de idade.
A marihuana tamén coñecida como THC (nome do seu principio activo), e popularmente coñecida como: haxis, hash, maría, peta, canuto, porro…; a pesares de ser ilegal o seu consumo incrementouse nos últimos anos, chegando a ser consumida tres veces máis ca o conxunto de todas as outras sustancias con risco de causar adición.
Dita droga é psicoactiva e altera a consciencia, cando se fuma o THC pasa rapidamente dos pulmóns ao torrente sanguíneo que o transporta ao cerebro; actuando directamente sobre os receptores cannabinoides e disparando unhas reaccións celulares que rematan nunha euforia.
A meirande parte destes receptores cannabinoides atópanse en zoas do cerebro relacionadas co pracer, memoria, pensamento, concentración, percepción sensorial do tempo e coordinación de movementos. De aí entón que a adición ou o consumo frecuente provoque problemas constantes para pensar e solucionar problemas, distorsione as percepcións, afecte á memoria e á capacidade de aprendizaxe.
Os adictos/as ao THC vólvense persoas apáticas, sen enerxía, sen interese, de aí as poucas gañas que presentan para facer calquera actividade prolongada que requira atención. A maioría polo tanto, presentará un pobre rendemento escolar e laboral, xa que amosan dificultades para unha correcta aprendizaxe e o estudo.
O abandono definitivo do consumo desta sustancia é difícil porque o cannabis acumúlase nos tecidos graxos do corpo e tarda 30 días en ser eliminado do organismo. O adicto/a pode estar varios días sen consumir porque o THC está almacenado non seu cerebro e na graxa corporal; isto faille crer erroneamente que “controla” cando a realidade é outra ben distinta.
A adición é a enfermidade do autoengano e o cannabis é a sustancia coa que os adictos/as viven máis enganados.
AXUDÉMOSLLE A QUE ABRAN OS OLLOS!!
FONTE: Las drogas.info