Variantes xenéticas relacionadas co alcoholismo

Radiografía do cerebro

22/02/2013

Investigadores da Universidade do País Vasco (UPV) determinaron a frecuencia de variantes xenéticas relacionadas co alcoholismo na poboación española, e a súa incidencia tanto en persoas dependentes do alcol, nun estudo publicado en Addiction.

O gran tamaño da mostra (1.533 individuos) posibilitou a súa división por sexos e o axuste por variables ambientais que inciden no consumo de alcol, o que confire os resultados obtidos unha gran fiabilidade, segundo os/as autores.

"A etioloxía da adicción débese a unha desorde do sistema que regula a dopamina, neurotransmisor que modula o sistema de recompensa cerebral", sinalou David Celorrio Herrera, do grupo de investigación Biomics da UPV. Este investigador analizou xenes codificadores de encimas que participan no proceso de metabolización do alcol, e xenes que codifican receptores e encimas relacionados co sistema dopaminérxico.

Risco en home fumadores e pouco activos

A análise das variables ambientais en relación co consumo prexudicial de alcol mostrou un perfil de alto risco: homes, fumadores, grandes consumidores de carne e pouco consumidores de froita e vexetais, con profesións que non requiren un alto nivel educacional e fisicamente pouco activos.

O estudo de consumidores/as excesivos/as realizouse sobre unha mostra de 1.533 individuos (653 casos e 880 controis) proveniente do proxecto European Prospective Investigation into Cancer and Nutrition, dos cales a metade eran homes e a outra metade mulleres.

Os valores críticos de inclusión neste grupo foron 70 gramos diarios en homes e 42 en mulleres, similares aos que manexa a Organización Mundial da Saúde para o grupo de individuos de consumo prexudicial.

O gran tamaño da mostra posibilitou a súa estratificación por sexo e o axuste por variables ambientais que inciden no consumo de alcol, "o que confire aos resultados obtidos unha gran fiabilidade", asegurou Celorrio.

Algunhas variacións en xenes codificadores de encimas que metabolizan a molécula de alcol están fortemente asociadas a un maior consumo, xa que causan variación na velocidade de metabolización do mesmo, que pode ser até 30 veces maior.

O consumo de alcol representa un importante problema de saúde e económico en España. Estímase que entre un 2 e 20% da poboación española abusa do consumo de alcol.

Fonte: As Drogas Info