VAPERS A DESCUBERTO
25/06/2024
A irrupción dos novos dispositivos para fumar inflúe de xeito negativo nos hábitos de consumo da poboación, sobre todo e con maior relevancia entre as persoas adolescentes, que os perciben como inocuos.
O consumo de tabaco sinálase como o principal factor de risco no cancro evitable, xa que é responsable de un de cada tres casos de cancro. A estes efectos directos hai que engadir os da exposición ó fume alleo en espazos ó aire libre, coas consecuencias que isto conleva. Durante a infancia, a presenza de tabaco en espazos abertos multiplica o risco de desenvolver cancro na idade adulta, ademais de normalizar o seu consumo.
Agora xa non está de moda fumar senón vapear, de feito a idade de inicio do tabaquismo sitúase entre os 13-14 anos, e o vapeador é o producto preferido. Por outra banda, hoxe en día seguen faltando datos dos seus efectos a longo prazo pola súa curta traxectoria, comezan a comercializarse en torno ó ano 2016, sen embargo pódese afirmar que ten efectos prexudiciais a curto prazo.
De feito, nos cigarros electrónicos atopáronse substancias canceríxenas, en concreto líquidos e aerosois que empregan, tamén se debe ter en conta que estes productos non xeran vapor, senón aerosol, pequenas partículas sólidas sispendidas nun gas que, ó ser inhalado pode quedar atrapado nos pulmóns.
Ademias, atopáronse numerosas intoxicacións xunto con efectos adversos, algúns deles severos; sábese que o seu emprego xera a emisión de nicotina e substancias canceríxenas que poden contaminar os espazos pechados, coa consecuencia do aumento de risco por unha exposición pasiva. Tamén hai que ter en conta que, aínda que non conteñan nocotina, iso non os exclúe do resto de substancias nocivas que liberan.
FONTE: Asociación Española Contra o Cáncer