Unha nova vacina para controlar a <abbr title="Síndrome de Inmunodeficiencia Humana">SIDA</abbr> sen medicación

Persona manipulando unha xeringa

07/02/2013

Un equipo de investigadores do Hospital Clínic de Barcelona deu un paso de xigante cara ao que a comunidade científica denomina a curación funcional da SIDA cunha vacina que logra reducir temporalmente até un 95% a carga viral da persoa infectada.

Os antirretrovirais permitiron que o VIH xa non supoña a sentenza de morte do/a paciente. Os/as pacientes sobreviven, pero o prezo que han de pagar é un duro tratamento para sempre que tamén ten os seus efectos secundarios.

Entre as estratexias que a comunidade científica baralla para paliar este problema destacan as vacinas terapéuticas, un medio que permitiría aos enfermos/as deixar a medicación por unha simple picada.

O camiño cara a ese logro é longo, aínda que unha investigación española acaba de achandar a ruta. Os seus achados, que publica a revista ”Science Translational Medicin”, son "unha proba de concepto que demostra que conseguir unha vacina terapéutica é posible", tal e como explica Josep Maria Gatell, xefe do servizo de Enfermidades Infecciosas do Hospital Clínic de Barcelona e un dos principais asinantes do traballo.

O seu equipo desenvolveu unha vacina a partir das células dendríticas do propio paciente que consegue incrementar temporalmente a resposta inmunitaria fronte ao VIH e reducir significativamente a carga viral dos enfermos/as, aínda que se quedou a un paso de lograr o seu obxectivo final.

No 90% dos/as pacientes, o número de copias reduciuse 10 veces, pero en ningún deles o virus chegou a ser indetectable, polo que tiveron que reiniciar a terapia con antirretrovirais”, explica Gatell, quen lembra que o traballo arroxa os “mellores resultados que até a data publicáronse no mundo cunha vacina terapéutica”. “Estamos moito máis preto de conseguila, pero hai que seguir profundando e refinando o seu desenvolvemento”, engade.

O seu equipo leva desde o ano 2005 traballando nesta inmunización, que utiliza como punto de partida as células dendríticas do enfermo/a. Estas células, que son as encargadas de detectar e levar aos patóxenos ante o sistema inmune, actúan no caso do VIH como un auténtico cabalo de Troia, xa que permiten que o virus ataque ás defensas.

Ao contrario do que ocorre con outras infeccións, o VIH é capaz de entrar na membrana exterior destas células, de modo que, cando estas preséntanse ante os linfocitos coa información dun axente estraño, o virus da SIDA inféctalles e provócalles a morte antes de que eles poidan desenvolver unha resposta inmune.

Para evitar esta estrataxema do VIH, os investigadores/as manipularon as células dendríticas extraídas dos/as pacientes no laboratorio e pulsáronas con dose de VIH desactivadas, co que conseguiron crear vacinas personalizadas que, en principio, permitirían ás células dendríticas cumprir o seu labor de presentación sen favorecer a infección, explica Josep Maria Gatell.

A vacina probouse en 36 pacientes en tratamento con antirretrovirais que foron asignados/as aleatoriamente, ben para recibir a vacina ou para actuar como grupo control unha vez que se interrompese o seu tratamento cos fármacos. Durante o seguimento, os investigadores/as realizaron distintas análises e comprobaron que a maioría dos receptores/as da vacina foran capaces de controlar temporalmente a replicación viral. Ademais, tamén observaron un aumento notable da resposta inmunitaria fronte ao VIH, aínda que tamén comprobaron que se producía un repunte na infección, sobre todo unha vez cumpríase un ano coa terapia.

Segundo asegura este especialista, do mesmo xeito que en ocorreu cos antirretrovirais ou a única vacina preventiva que, até a data, demostrou resultados modestos, a clave do éxito da inmunización terapéutica tamén podería radicar na combinación de axentes.

Os antirretrovirais non empezaron a funcionar ben ata que non os combinamos de tres en tres”, indica Gatell, quen avanza que o próximo paso da súa investigación será probar a inmunización testada con outras dúas vacinas terapéuticas que tamén están a desenvolver.

Esta vacina xa demostrou que consegue perturbar o equilibrio hóspede-virus en favor do hóspede e iso é un paso moi importante. Estamos no camiño cara a unha curación funcional da enfermidade", conclúe o investigador.

Fonte: Unión de asociacións e entidades de atención ao dogodependente