Cinco millóns de seropositivos/as reciben tratamento en todo o mundo mentres quince millóns quedan sen el

Medicación

23/07/2010

Ao longo de 2009, 1,2 millóns de persoas co virus da inmunodeficiencia humana (VIH) comezaron a tomar os fármacos antirretrovirais, o que permitiu que a cifra total de persoas tratadas alcance os 5,2 millóns. Trátase do maior aumento de pacientes en terapia nun só ano, segundo os datos que presentou a Organización Mundial da Saúde (OMS) no primeiro día da XVIII Conferencia Internacional sobre Sida. "É un desenvolvemento incriblemente importante", indicou o doutor Hiroki Nakatani, membro da OMS.

A pesar desta boa noticia, hai outra cara da moeda que pesa máis. Estímase que 15 millóns de seropositivos/as que necesitan urxentemente estes medicamentos para salvar as súas vidas non os reciben. Pero para que poidan acceder a eles fai falta moito diñeiro, que non parece fácil de recadar. O programa da ONU contra a SIDA (ONUSIDA) calcula que só para manter en tratamento ao cinco millóns de persoas que xa están ao tomar requírense 9.000 millóns de dólares.

"O investimento que fagamos hoxe non só salvará millóns de vidas senón tamén millóns de dólares mañá", argumentou o doutor Bernhard Schwartlander, director de estratexia e resultados de ONUSIDA. "Os/as pacientes co sistema inmune moi debilitado, que empezan tarde a tomar os medicamentos necesitan fármacos máis complexos e máis caros, ademais de máis coidados médicos que os que empezan antes e permanecen con boa saúde", engadiu.

Precisamente, o tema de cando empezar a tomar o tratamento é un dos debates científicos que se están tratando na Conferencia. Até agora, a recomendación internacional era que os seropositivos/as empezasen a terapia cando os seus niveis de CD4 (as células defensivas do organismo) baixasen por baixo das 200 copias. Pero a OMS propón que adiantar a medicación e comezar a dala cando os pacientes cheguen a 350 copias. O motivo é que "empezar a tratar antes ofrece aos afectados/as polo VIH a posibilidade de vivir máis e en mellores condicións", asegura Gottfried Hirnschall, director do programa de VIH da OMS.

Algunhas estimacións suxiren que a mortalidade relacionada co VIH podería reducirse un 20% entre 2010 e 2015 se se establecese en todas partes o novo límite para iniciar o tratamento antirretroviral. De feito, a OMS está a preparar unha guía de recomendación sobre este asunto, que presentará o próximo mes de setembro, aínda que o adiantou na Conferencia.

A OMS considera que o tratamento temperá prevén infeccións oportunistas como a tuberculose, a principal causa de morte en persoas con VIH. Os falecementos por tuberculoses poden reducirse até un 90% se as persoas coinfectadas comezasen a tomar os medicamentos canto antes.

 

FONTE: UNAD