O tabaquismo custa ó ano 5.444 millóns ó Estado e 7.840 ás empresas

Cigarro

05/04/2010

Os gastos atribuídos ós cigarros en 2008 son de 14.710 millóns e os ingresos por impostos só de 9.266.

O Estado e o Sistema Nacional de Saúde poderían chegar a sumar de 5.444 millóns de euros ó seu aforro de 1.500 en gasto farmacéutico, regulado polo Goberno a pasada semana, cunha adecuada política de prevención e tratamento do tabaquismo. Así o indicou Juan Ruiz Manzano, presidente da Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (Separ), quen dixo que o importe dos gastos atribuíbles ao tabaquismo en 2008 foi de 14.710 millóns e os ingresos por impostos procedentes do tabaco ese mesmo ano alcanzaron só 9.266 millóns de euros.

En 2008, o Goberno Español pagou para cubrir os gastos sanitarios directos de só cinco enfermidades relacionadas co consumo do tabaco, a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC), asma, cancro de pulmón, enfermidade cerebro vascular e coronaria. Desa cantidade, o 38% destinouse ós gastos sanitarios ocasionados pola EPOC, é dicir, 2.610 millóns de euros, puntualizou o presidente de Separ.

O custo que tiveron as empresas españolas no citado ano, como consecuencia do tabaquismo, foi de 7.840 millóns de euros. Desta cifra, o 76% atribúese á perda de produtividade, o 20% a custos adicionais de limpeza e conservación de instalacións, e o resto ao absentismo laboral.

“Ademais dos beneficios en canto ó aforro de custos á Sanidade pública, a ampliación da Lei Antitabaco suporía un dos maiores avances nos últimos anos en canto a saúde pública”, afirmou e . O pneumólogo insiste en concretar que a ampliación desta Lei faise necesaria co obxectivo de “defender os dereitos dos non fumadores/as a non inhalar o fume do tabaco”. Insiste tamén en sinalar que o tabaquismo debe tratarse como un problema de saúde pública de gran dimensión que cada ano se cobra vidas humanas de fumadores/as activos/as e pasivos/as.

O doutor Carlos Jiménez, coordinador da área de tabaquismo de Separ, subliñou que todos os estudos sobre o impacto económico das leis de ambientes libres de fume en diversos países revelan que non hai consecuencia negativa algunha para o sector hostaleiro e que, si se produce algún cambio, é en sentido positivo, como foi recentemente demostrado que tras a entrada en vigor da actual lei, en 2006, creáronse uns 34.000 postos de traballo no sector e durante o primeiro ano, mesmo facturaron 2.200 millóns de euros máis que o ano anterior.

 

FONTE: Unión de Asociacións e Entidades de Atención ó Drogodependente (UNAD).