SITUACIÓN E PERSPECTIVAS DOS PROBLEMAS DERIVADOS DO CANNABIS

encontro_agora

04/04/2022

Os datos que manexa o Plan Nacional sobre Drogas proveñen do OEDA (Observatorio Español das Drogas e Adiccións), o cal realiza actividades de recollida e análise de datos xunto ca difusión da información, tanto de carácter estatísitico como epidemiolóxico, sobre o consumo de drogas e outras conductas adictivas.

Estes datos que manexa proveñen das diversas encuestas do OEDA e doutros indicadores como: indicador de admisións a tratamento por consumo de substancias psicoactivas, indicador de urxencias hospitalarias en consumidores de substancias psicioactivas, indicador de mortalidade por reacción aguda a substancias psicoactivas, consumo problemático de risco e infeccións en consumidores de drogas.

No último ano a prevalencia de consumo nas rapazas incrementouse considerablemente ó igual que as incidencias de incio de tratamento. Cabe destacar, ante este aumento, que as actitudes permisivas dos proxenitores aumenta considerablemente o posterior consumo nos seus fillos e fillas; outro factor que inflúe decisivamente no incremento do consumo está relacionado coa hora de chegada á casa, deste xeito canto máis tarde chegan e cantas máis salidas maior é o consumo.

Destacan tamén que Galicia está entre as comunidades autónomas que presenta un maior consumo de cannabis, sendo esta substancia a que máis admisións a tratamento xera e a que máis urxencias hospitalarias ocasiona.

A análise dos datos amosa que o prezo do cannabis nos últimos anos estabilizouse, mentres a concentracción do THC se triplicou considerablemente, ó igual que a aparición de novas substancias de síntese moitas das cales está todavía sen fiscalizar. Este aumento na potencia e aparición de novos cannabinoides sintécticos  provoca que o control de calidade das subtancias se vexa alterado.

Por outra banda, dende o 2012 houbo varios países que puxeron en marcha a legalización do cannabis, aínda que dito proceso de legalización é moi variable dependendo do país; e de tódolos xeitos neses países nos cales se legalizou segue existindo o mercado ilegal. Tendo en conta tamén que unha das maiores consecuencias da legalización é unha marcada diminución da percepción de risco o cal provoca un aumento do seu consumo.

FONTE: Plan Nacional sobre Drogas