Screening do uso problemático de internet entre os adolecentes da comunidade galega

Grupo de adolescentes cos móbiles

19/03/2015

Levouse a cabo un estudo que tentou analizar o emprego problemático de internet, por parte dos adolescentes na nosa comunidade e os resultados dos mesmos, aínda que non son drásticos, si nos debería poñer en alerta a tódolos pais/nais para que non teñamos que lamentarnos logo de posibles consecuencias fatais. Lembremos que a prevención é unha das mellores medidas coas que debemos contar e poñer en marcha no proceso educativo.

Dito estudo levouse a cabo coa colaboración da Xunta de Galicia (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria), AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica),USC (Universidade de Santiago de Compostela) e o Valedor do Pobo de Galicia.

Déixovos un pequeno resumo dos resultados que obtiveron:

 O 71% dos alumnos de ESO emprega internet a diario

 O 90% dispón de móbil, e dentro desa porcentaxe un de cada tres teno antes dos 11 anos.

 O 93% está rexistrado nalgunha rede social (facebook, twitter, tuenti…)

 Só a metade dos pais controla o emprego de internet que fan os seu fillos/as; e no caso do móbil menos da metade.

 O 17% dos pais teñen discusións frecuentes na casa por mor de internet e o 24% por mor do móbil.

 Detectouse un 4% de sexting( envío de imaxes de contido sexual ou erótico a través do móbil)

 O 31% recoñece haber contactado con descoñecidos a través da rede; chegando en un de cada tres casos a quedar con eses descoñecidos.

FONTES: Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario, Universidade de Santiago de Compostela e Valedor do Pobo.