RISCOS DO VAPEO
06/09/2022
As enquisas e estudos realizados polo Plan Nacional de Drogas amosan que un 17% da mocidade entre 14 e 18 anos fumaron un cigarro electrónico no último mes, dita porcentaxe elévase a medida que aumenta a idade das persoas enquisadas.
O seu emprego aumentou considerablemente, entre outras cousas, porque se senten atraídos tanto pola diversidade de sabores (vainilla, chocolate ou afrutados, percibidos como non nocivos) como pola idea extendida de que o vapeo non causa adicción.
Que é vapear?
Os vapeadores son uns dispositivos con batería con forma de cigarro que liberan nicotina a través do quecemento dun líquido (mistura de propilenglicol e glicerina vexetal). Esta mezcla convértese en vapor que é aspirado pola boquilla de xeito similar ós cigarros convencionais.
Este líquido, xeralmente, ten nicotina, saborizantes e outros aditivos, tamén pode empregarse como un xeito de inhalar marihuana e outras drogas.
Mentiras e bulos que se propagan acerca dos vapeadores.
- AXUDAN A DEIXAR DE FUMAR
Dende a Organización Mundial da Saúde (OMS), afirman que non hai evidencias claras da súa efectividade para deixar de fumar polo que se aconsellan outros tratamentos que están aprobados. Ó mesmo tempo, o Ministerio de Sanidade lanzou campañas para concienciar sobre o consumo de tabaco e derivados co lema: "que non te enganen: o tabaco mata e mátate en todas as súas formas".
Recentemente o Sistema Nacional de Saúde (SNS) aprobou a financiación, a partires de xaneiro do 2020, dun fármaco para deixar de fumar cunhas características e criterios definidos e abalados científicamente.
Ditos argumentos expostos disipan a solidez do emprego do vapeo para deixar de fumar, non só demostrando que non é unha estratexia eficaz para deixar de fumar, senón tamén hai que ter a consideración de que non se promove dende o Sistema Sanitario español.
- O VAPOR DO CIGARRO NON É INOCUO
Non é inocuo xa que contén compoñentes nocivos, entre eles a nicotina. A súa exposición na adolescencia pode causar adicción e danos en diversos órganos como os pulmóns, cerebro, corazón. De feito, dúas novas investigacións da American Heart Association 2019, explican como estes cigarros electrónicos dimnúen o fluxo sanguíneo, incrementan os niveis de colesterol, aumentando así o risco de enfermidades cardíacas.
Por outra banda, o emprego dos cigarros electrónicos na adolescencia considérase unha porta de entrada para o consumo de tabaco, de feito, estudos lonxitudinales comproban que os/as adolescentes que consomen cigarros electrónicos con 13 anos, foron fumadores de tabaco convencional con posterioridade.
Por todo isto, considérase necesario e moi importante concienciar a nivel nacional, estatal, local e nos núcleos familiares para abordar o emprego dos vapeadores na mocidade.
FONTE: InfoDrogas