"Risco cero nas Enfermidades de Transmisión Sexual"

Risco cero

24/02/2020

As prácticas sexuais de risco están repuntando e aparecen de novo enfermidades e infeccións de transmisión sexual que xa estaban erradicadas.

O pasado xoves 20 de marzo presentouse no Colexio Oficial de Médicos da Coruña unha aplicación móbil gratuíta chamada Risco Cero, a cal ofrece información veraz ós xóvenes sobre métodos de anticoncepción, prácticas sexuais seguras e prevención para evitar as enfermidades de transmisión sexual.

Risco Cero é unha ferramenta que ofrece informción rigurosa, posto que dende os servizos de atención primaria detectaron que existe unha gran desinformación entre os mozos e mozas. De feito, a pesares da información que se proporciona con talleres nos ámbitos educativos, as prácticas sexuais de risco dispáranse. Así, dende a Dirección Xeral de Saúde Pública do Sergas informan que hai máis casos de sífilis e gonorrea e unha gran cantidade de gonococos resistentes ós antibióticos.

Ademáis na última década a tasa de abortos non descendeu e o uso dos preservativos segue baixando.

Os sanitarios tamén alertan da existencia de novas tendencias de prácticas sexuais de risco como o caso das "Chemsex", festas que duran varios días e con relacións sexuais múltiples e durante horas; supoñendo un auténtico foco de infeccións.