RESULTADOS DO ESTUDES 2021

ESTUDES 2021

20/12/2021

A enquisa ESTUDES, que se realiza cos estudantes de 14 a 18 anos de toda España, amosa que as drogas consumidas por un maior porcentaxe de estudantes (nos últimos doce meses) son, en primeiro lugar  o alcohol (70,5%) e en segundo lugar o tabaco (30,7%) seguido do cannabis (22,2%)  e acadando os hipnosedantes sin receita o 7,2%.

O consumo de todas as drogas ilegais está máis extendido entre os rapaces que entre as rapazas, mentres que coas drogas de comercio lícito (alcohol, tabaco e hipnosedantes) ocorre o contrario, e consomen máis as rapazas. Por outra banda, a enquisa amosa un incremento do consumo problemático de cannabis entre aquela mocidade que consumiu a substancia no último ano. O 17,8% dos estudantes de 14 a 18 anos que consumiu cannabis no último ano presenta un posible consumo problemático, superando esta cifra ó 13,3% que se detectara no 2016.

O estudo tamén amosa que o consumo problemático do cannabis é máis frecuente entre os rapaces que entre as rapazas con independencia da idade e asóciase a outras conductas de risco: 68,8% consumiu 4 drogas ou máis no último ano baixo os efectos do cannabis, o 75,2% participou no "binge drinking" e o 75,6% emborrachouse no último mes.

Polo que respecta á percepción de risco, o alcohol é a substancia que se percibe como menos perigosa, ademais dende o 2008, persiste a consideración de que o tabaco é máis perigoso ca o cannabis, aínda que a súa percepción de risco aumentou lixeiramente o 88,7% dos estudantes de 14 a 18 anos considera que consumir cannabis habitualmente pode causar bastantes problemas (87,5% no 2019).

En canto á dispoñibilidade percibida, nove de cada dez estudantes de 14 a 17 anos non aprecian dificultade para conseguir alcohol e tabaco si quixeran, a pesares de que a venda a menores non está permitida. A droga ilegal que se percibe como máis dispoñible é o cannabis; o 61,1% opina que é moi doado adquirila.

O consumo do alcohol segue estando en niveis elevados e a idade media de inicio no seu consumo segue nos 14  anos. O tabaco é a segunda droga máis consumida despois do alcohol, ademais por termo medio, o primeiro consumo de tabaco prodúcese ós 14,1 anos e a adquisición do hábito de fumar diariamente, comeza aos 14,7 anos de media.

O uso compulsivo de internet tamén aumentou en ambos sexos e tódolos tramos de idade, por segunda vez o ESTUDES recolle o uso dos videoxogos; no 2021 aumenta o uso entre estudantes de 14  a 18 anos de idade aínda que repecto ó xogo con cartos online a porcentaxse diminúe no 2021 un 9,4% fronte ó 10,3% no 2019. A porcentaxe de estudantes cun posible xogo problemático descendeu ata o 3,4%.

FONTE: Ministerio de Sanidade.