RECOMENDACIÓNS SOBRE O CONSUMO DE BEBIDAS ENERXÉTICAS
01/08/2023
As bebidas enerxéticas, tamén coñecidas como hipertónicas ou moras floras, son bebidas sen alcohol que conteñen substancias estimulantes, e que ofrecen ás persoas consumidoras diminuír temporalmente a sensación de fatiga e o esgotamento, ademais de aumentar a habilidade mental e proporcionar un incremento da resistencia física.
Hai un amplo mercado destas bebidas as cales están compostas principalmente por cafeína, varias vitaminas, carbohidratos, e outras substancias naturais orgánicas como a taurina, que aminoran a sensación de fatiga da persoa que as consume. Debido ó incremento e normalización do consumo deste tipo de bebidas enerxéticas en tódalas franxas de idade, e de sobremaneira na adolescencia, dende a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) elaboraron unhas recomendacións sobre o consumo de bebidas enerxéticas que se deben ter en conta.
- As bebidas cun alto contido en cafeína son aquelas que aportan máis de 15 miligramos desta substancia por 100 mililitros de bebida. Normalmente as "bebidas enerxéticas" conteñen 32 miligramos de cafeína por 100 mililitros.
- O Reglamento (UE) 1169/2011 obriga a incluír a seguinte mención no seu etiquetado "contido elevado de cafeína: non recomendado para nenos nin mulleres embarazadas ou en período de lactancia".
- As bebidas enerxéticas con azúcares poden contribuír a exceder a inxesta diaria recomendada de azúcares simples (50 gramos ó día según recomendación da OMS) e unha lata de 500 mililitros aportaría entre 55 e 60 gramos de azúcar.
- Un consumo excesivo de cafeína pode provocar efectos fisiolóxicos non desexados que van dende alteración do sono ata efectos psicolóxicos e alteración do comportamento; así como trastornos cardiovasculares.
- Un consumo regular de cafeína pode causar dependencia física moderada a partir dos 100 miligramos ó día.
- O consumo de máis de 60 miligramos de cafeína en adolescentes de 11 a 17 anos pode provocar alteracións do sono. Non se recomenda o seu consumo na adolescencia.
- Non deben combinarse bebidas enerxéticas con bebidas alcohólicas; estudos recentes demostran que o consumo de alcohol mesturado con bebidas enerxéticas diminúe a percepción da intoxicación etílica.
- Si a persoa pratica deporte, debe ter en conta que as bebidas enerxéticas non son bebidas deseñadas para a rehidratación.
- Altas concentracións de cafeína son especialmente prexudiciais para personas con determinados cadros clñinicos, como hipertensión ou alteracións do sono.
- Como no caso doutras substancias con efectos sobre o noso organismo, os efectos adversos xerais da cafeína dependen da masa corporal.
FONTE: AESAN (Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición)