RADIOGRAFÍA DUN CEREBRO ENGANCHADO AO MÓBIL
08/11/2019
Nos últimos anos, o emprego das novas tecnoloxías extendeuse con forza na nosa sociedade, sobre todo entre os máis xóvenes. Datos da enquisa do Ministerio de Sanidade ESTUDES (2018), poñen de manifesto que o 99,6% dos estudantes de 14 a 18 anos empregara internet nos últimos meses.
O principal problema radica en que se pasa de xeito moi doado, e case imperceptible, dun uso xeneralizado destas novas tecnoloxías a un abuso das mesmas.
De feito os resultados dos últimos estudos amosan que mentres que un 3% da poboación de 15 a 64 anos fai un uso compulsivo de internet, sendo a prevalencia deste problema sete veces maior entre os estudantes de 14 18 anos.
QUE PASA NO CEREBRO?
Nas persoas que presentan dependencia ás novas tecnoloxías obsérvanse cambios estructurais e / ou funcionais en rexións cerebrais ( corteza prefrontal, cingular, orbitofrontal e sistema límbico). Ditas zonas son as que están directamente implicadas no procesamento das recompensas, motivación e control de impulsos.
O risco de aparición destes trastornos é maior nos adolescentes porque as rexoóns cerebrais implicadas aínda non terminaron de madurar e polo tanto son máis vulnerables.
Hai outros factores entre os que destacan: estados emocionais alterados, baixa autoestima, falta de identidade, ou personalidade insegura que poden aumentar o risco de dependencia.
Como consecuencia desta dependencia poden aparecer síntomas ansiosos, irritabilidade, desaxuste emocional e problemas de interacción social.
Estar conectados máis de 3-4 horas diaria facilita o illamento, desinterés por outros temas, trastornos de conducta e o sedentarismo. Tamén produce alteracións físicas como sequedade de ollos, pérdida de oído, inflamación e incluso artrosis da articulación na base do dedo polgar. Non basta con tratar estas afeccións de maneira directa se non modificamos os hábitos que as provocan.
FONTE: Luis F. Callado
Profesor Universidade País Vasco