Queres deixar de fumar? Pregúntalle ao móbil como facelo
29/08/2013
Na actualidade a relación entre a poboación e os profesionais sanitarios está a modificarse por mor das novas tecnoloxías, existindo novas modalidades de oferta de axuda, ademais da consulta presencial. Entre estas novas fórmulas de relación paciente-profesional atópanse as mediadas pola telefonía móbil como ferramenta de apoio.
O uso de mensaxes por móbil como axuda para deixar de fumar ten coma principais vantaxes do uso a accesibilidade, a flexibilidade horaria, o permitir orientación individual, a complementariedade a outros programas/servizos e o fácil uso especialmente para a poboación xuvenil, que é a que menos asiste ao sistema sanitario convencional e á que máis poderiamos acceder con este recurso.
Quit Smoking:
É unha aplicación baseada en widget. O seu obxectivo é eliminar gradualmente a súa dependencia aos cigarros. Calculando para cada persoa un programa individual baseado nos datos estatísticos obtidos doutros usuarios/as. Ela axústase constantemente dependendo do seu horario de fumar. A descarga é gratuíta.
Quit Now:
É unha ferramenta completa para deixar de fumar, xa que ofrece estatísticas en tempo real, en calquera momento, para axudar a tranquilizar a ansiedade: o tempo (días, horas, minutos) desde o último cigarro da túa vida, cigarros non consumidos e cartos Tamén proporciona indicadores de saúde baseados na OMS no proceso de mellora, e unha lista de logros que se desbloqueará un por un conforme o tempo pase, motivando a conseguir o obxectivo. É unha aplicación social, crea un perfil e comparte os logos. A descarga é gratuíta.
NicoStopper:
É unha especie de adestrador persoal para axudarnos a controlar e abandonar o hábito de fumar. Baseada na psicoloxía e en distintos tipos de terapias, conta con catro tipos de programas diferentes para ir reducindo a dependencia da nicotina: tres de abandono e un de autocontrol. Inclúe un apartado de autoaxuda e un calendario para seguir os nosos progresos. A descarga é gratuíta.
Stop Smoking:
Está concibida coma un xogo, o usuario/a pode ver as estatísticas detalladas (tempo desde o abandono do tabaco, o número de cigarros que non fumaron, diñeiro que aforrou,…), ver a súa saúde cada día, gañar medallas en eventos especiais (por exemplo, non fumar durante 30 días. A descarga é gratuíta.
Respirapp:
Aplicación da Asociación Española Contra o Cancro especialmente dirixida a todas as persoas que decidiron deixar de fumar e que necesitan axuda durante o proceso. É unha guía de orientación e apoio dividida en catro fases nas que terás que ir realizando unha serie de indicacións para avanzar cara ao obxectivo de romper co tabaco definitivamente. Dispón dun perfil personalizado en base ao o rexistro e avaliación do consumo de tabaco que orientará o t camiño cara á liberación definitiva do tabaco.
A aplicación ten diferentes apartados de axuda para aprender a reducir a ansiedade, relaxarche, evitar as ganas de fumar, controlar o aumento de peso, previr recaídas, etc. Ademais, ten notificacións de apoio e ánimo e información sobre os avances do usuario e, ademais, dispón de acceso directo ao consultorio da AECC, onde un profesional dará resposta ás dúbidas que se lle formulen. A descarga é gratuíta.
Kwit:
Utiliza técnicas, razoamentos e mecánicas baseadas en xogos para animar ás persoas a deixar de fumar. A aplicación está baseada no logro de niveis e puntuacións até converterche no Kwitter Supremo. Conta con estatísticas como, por exemplo, o tempo que fai que non se fumas o diñeiro que aforrado ou o número de cigarros que non fumados. Podes controlar as estatísticas en directo. Tamén hai 60 obxectivos que se deben desbloquear, e ademais, algúns dan información sobre os beneficios que deixar de fumar ten para corpo e a vida. A descarga ten custo.