Que son as drogas sintéticas
07/05/2015
Reciben o nome de drogas sintéticas aquelas que se fabrican a través de procesos químicos e que, a diferenza da cocaína ou a marihuana, non se obteñen dun vexetal senón a partir de cambios moleculares realizados en laboratorios para lograr resultados psicoactivos. En moitas ocasións, son principios activos abandonados polas industrias farmacéuticas, polos seus efectos indesexables que son rescatados para ser utilizadas como sustancias de abuso.
A fabricación en laboratorios clandestinos e o descoñecemento da súa composición final, convérteas en especialmente perigosas, porque os seus efectos non son claramente previsibles. Estas son distribuídas en forma de pastillas, cápsulas, pos ou líquidos.
En especial, os expertos destacan que este tipo de drogas, entre as que destacan a éxtase e a ketamina, afectan os sistemas neurolóxicos de maneira aguda ou crónica, como efecto residual por uso repetido.
Ademais, o corpo desenvolve tolerancia e pide máis, cun consecuente e arriscado aumento da dose. Consecuencias, danos neurolóxicos irreversibles.
A maioría dos consumidores de drogas sintéticas fano de modo recreativo. A súa percepción de superioridade cando se pegan a viaxe, failles sentir que todo é pracenteiro, sen embargo, o consumo destas sustancias ten graves consecuencias: perda de memoria, diminución do interese polo sexo, perda do apetito, alteracións psiquiátricas como ansiedade, depresión, obsesión, ideacións paranoides, trastornos do sono, ataques de pánico, agresividade, trastornos psicóticos, alucinacións visuais ou auditivas, arritmia, convulsións, insuficiencia renal, tromboses, infartos cerebrais, hipertensión e fallo cardíaco.
AS DROGAS SINTÉTICAS MÁIS COMÚNS
ÉXTASE
Sustancia de orixe sintética, similar á metanfetamina (estimulante) e á mezcalina (alucinóxeno), os efectos que producen é unha suma de ambas. É a máis popular das drogas de sínteses.
Tamén se chama MDMA (abreviatura do nome químico completo), Adán, XTC, pastis, pirulas.
SPEED
Sustancia estimulante, clorhidrato de metanfetamina (derivado da anfetamina). Ten efectos máis potentes que a éxtase sobre o sistema nervioso e un elevado poder aditivo.
Forma de presentación: Po branco, cristalino, incoloro e de sabor amargo (disólvese facilmente). Comprimidos. Véndese en envoltorios dun gramo e pode estar adulterada con sustancias como: amoníaco, mata ratas o que o fai dobremente perigoso.
A súa forma de consumo pode ser fumada, inhalada, inxerida, inxectada.
Nomes cos que se coñece: speed, meth, clalk, xeo ou cristal se é fumada. Os efectos nótanse inmediatamente despois de ser fumada ou inxectada prodúcese sensación intensa de pracer, denominada flash que dura uns minutos.
Consecuencias: Adicción, insomnio, anorexia, diminución da líbido, comportamento violento, accidentes cerebrovasculares, alucinacións auditivas e visuais e psicoses.
Algunhas destas alteracións poden persistir despois de non consumir moito tempo.
Riscos para a saúde: Danos vasculares no cerebro (derrames) polo incremento do gasto cardíaco, presión arterial, relacións sexuais de risco, psicose tóxica, ideas paranoides, alucinacións, conduta violenta ou arriscada, condución arriscada, aumento de toxicidade e risco de sobredose. Riscos cando o consumo é por vía inxectada: flebites, abscesos cutáneo e contaxio de enfermidades infecciosas: SIDA, hepatite B e C, tétanos e outras.
POPPER
O popper é unha droga recreativa composta na súa maioría por nitritos de amilo, butilo ou isobutilo. O nitrato de amilo é unha sustancia volátil e inflamatoria e nunca a de ser inxerida porque pode ser mortal.
Forma de presentación: líquido incoloro e sen cheiro que se inhala. Véndese en botes de cristal cun líquido amarelo.
Entre os seus efectos atopamos: estimulante e vasodilatador que se percibe aos poucos segundos de inhalar a sustancia, sensación de euforia, sensación de lixeireza, desinhibición sexual. Estes efectos desaparecen rapidamente e dan paso a unha forte sensación de esgotamento e decaemento.
ÉXTASE LÍQUIDA (GHB)
O GHB é unha sustancia depresora do sistema nervioso central aínda que inicialmente pode producir sensación de benestar e euforia.
Aínda que se chama éxtase líquida non ten os mesmos efectos que o MDMA, produce efectos contrarios, xa que é fundamentalmente unha droga depresora. No entanto, pode ter algún efecto Psicodisléptico e estimulante.
Formas de presentación: Líquido incoloro, inodoro e con sabor salgado, po, tabletas.
Coñecido popularmente como: biberóns, éxtase líquida, líquido X, ouro bebible.
Os seus efectos son en doses baixas, efectos similares ao alcol (relaxación, desinhibición, aumento do estado de ánimo) e en doses maiores provoca: somnolencia, confusión, cefalea, desequilibrio, alucinacións, delirio, euforia e efectos anestésicos.
PO DE ANXO (PCP)
A fenciclidina comezouse a fabricar como anestésico intravenoso, aínda que se deixou de usar xa que provoca en pacientes delirios e condutas irracionais.
Formas de presentación: po branco, cristalino, que se disolve en auga ou alcol (de sabor amargo), tabletas, cápsulas, pos de cores. Coñécese tamén co nome de: pílula da paz, barco do amor, néboa e cristal.
Forma de consumo: inhalación, fumado ou inxerido.
Os seus efectos van desde un aumento da tensión arterial e o pulso, adormecemento das extremidades ou dificultade de coordinación até chegar (con doses altas) a vómitos, tremendas alucinacións, psicoses esquizofrénica, convulsións mesmo coma ou morte.
O consumo habitual produce: perda de memoria, dificultade para pensar e falar, depresión, perda de peso, trastornos emocionais, alteración da percepción de pensamentos e estado de ánimo. Estes síntomas persisten até un ano despois de suspender o uso.
KETAMINA
A ketamina derívase de PcP, que é un anestésico disociativo cun potente efecto analxésico. Coñécese tamén como Special K e utilízase como medicamento en veterinaria para producir anestesia.
Formas de presentación: líquido translúcido, clandestinamente comercialízase en po, cristais, pastillas, cápsulas.
Formas de consumo: esnifada (en forma de po branco), inxectada por vía intravenosa, tragada, bebida.
Os efectos son moi variables e poden ir dende dificultades por falar e pensar ou visión borrosa (con doses baixas) e delirios, pseudoalucinacións, perda da noción do espazo e do tempo e distorsión da realidade
Riscos para a saúde: depresión respiratoria, paro cardíaco, trastornos de ansiedade, paranoias. En consumos mínimos, pode producir sobredoses.
O seu consumo habitual ten como consecuencias: problemas de memoria e concentración, deterioración en habilidades do individuo, angustia e pánico, psicose, taquicardia, apnea e morte.
Ten un elevado risco de adicción e rápida tolerancia.
Fonte: Centro Can Roselló