QUE FACER ANTE UNHA PRÁCTICA SEXUAL DE RISCO?
22/09/2023
Considérase práctica sexual de risco o mantemento de relacións sexuais vaxinais, anais ou orais sen uso de protección (preservativo ou láminas de látex de uso sexual) cunha parella ocasional. O riso de contraer unha ITS aumenta segundo o número de parellas ocasionais.
Este risco varía, de modo xeral, de maior a menor dependendo da práctica sexual desprotexida; sendo maior no sexo anal, intermedio no sexo vaxinal e menor no sexo oral. Tamén é maior se hai exaculación en ano, vaxina e boca.
Con relación á prevención de infeccións de transmisións sexual (ITS) terase en conta varias cuestións:
- Acudir a un servizo médico para valorar o inicio da profilaxe post exposición ao VIH o antes posible e sempre antes das 72 horas.
- Pedir cita nos profesionais de atención primaria se nos seguintes días ou semanas observamos síntomas como: molestias ao ouriñar, secrecións purulentas pola uretra ou vaxina, ano, boca ou gorxa, úlceras ou chagas dolorosas ou non dolorosas en órganos xenitais, ano ou boca. Febre ou febrícula e ganglios inflamados.
- Se non temos ningún síntoma, pedir cita IGUALMENTE en atención primaria aos tres meses da última práctica sexual de risco para solicitar unha seroloxía do VIH, virus da hepatite C (especialmente se tiveron prácticas sexuais anais), sífilis.
En mulleres tamén sería recomendable un estudo de clamidias e facer as revisións habituais periódicas de cotoloxías no servizo de xinecoloxía, revisar a vacinación da hepatite B homes e mulleres e os homes que teñen sexo con outros homes menores de 45 anos solicitar a vacina do virus do papiloma humano (VPH).
FONTE: SexInvaders (Consellería de Sanidade)