QUE ATOPAMOS DETRÁS DAS PANTALLAS?
16/04/2021
Dende UNICEF son conscientes da presenza cada vez máis significativa que ten a tecnoloxía e dispositovos electrónicos na vida dos neno/as e adolescencia. De feito, consideran funfamental analizar os perigos e conductas de risco que poden afectar ó exercicio dos dereitos dos nenos/as e adolescentes dende unha perspectiva de protección, prevención, saúde e educación, que garanten un uso saúdable e equilibrado da tecnoloxía.
Na actualidade, as clases de case tódolos niveis educativos estiveron a realizarse de maneira online durante varios meses, isto indudablemente sitúa a toda a sociedade ante un novo panorama. Por iso cobra máis forza ainda, facer unha análise máis detallada sobre os novos riscos, oportunidades, e novas relacións que se están a desenvolver no entorno dixital.
Non se pode esquecer que seguen presentes unha serie de perigos ligados ó emprego das TRIC (Tecnoloxías das Relacións Información e Comunnicación), por parte da poboación máis nova que incide directamente sobre a súa saúde e benestar, relacionado co seu papel potenciador das chamadas "adiccións comportamentais", referímonos co termo ao uso problemático de Internet e ás adiccións sen substancia.
Entre elas, a adicción ós videoxogos (recoñecida fai pouco pola OMS como un trastorno mental) ou o xogo online, tal e como aparece recollido na Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024 do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Español (PNSD).
Entre outros, algúns dos datos que amosan a importancia de actuar son os seguintes:
- No último informe do ESTUDES (2018-2019) atópase que un 20% do uso complusivo de Internet corresponde á franxa de idade de 14 a 18 anos.
- 1 de cada 5 menores en España está facendo un uso problemático da Rede.
Por todo o exposto con anterioridade considérase necesario tomar medidas preventivas neste ámbito, algunhas das claves para a acción son as seguintes:
- Dende o ámbito educativo, en canto á educación dixital, considérase que é importante seguir traballando co foco de atención posto nas competencias humanas e fortalecer o sistema de valores e competencias para a vida.
- O rol das familias tamén é fundamental, polo que é precisa unha maior sensibilización sobre os riscos e oportunidades, así como a necesidade de acompañar ós nenos/as e adolescentes no uso das tecnoloxías, tendo en conta os límites do uso e a normativa en canto ás idades legalmente establecidas para o uso de cada aplicación, plataforma e redes sociais.
- Os xogos online e de apostas, así como o uso das tecnoloxías son aspectos que teñen agora un foco de atención importante por parte da sociedade e que cada vez ocupan un lugar máis importante na vida dos nenos/as e adolescentes.
Polo que se considera que actuando se ten a oportunidade de promover un uso saúdable e equilibrado, xerar un ambiente seguro e n torno ó uso desta tecnoloxía, e promover unha actitude crítica e constructiva.
FONTE DE DATOS: UNICEF. Estudo sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia.