Programa de Información e Asesoramento Psicolóxico e Legal
02/08/2023
Este é un programa de continuidade do desenvolvido en anos anteriores, que conta con dúas técnicas para o seu desenvolvemento, unha psicóloga e unha asesora xurídica, responsables de cada unha das áreas (psicolóxica e legal).
Na área psicolóxica lévase a cabo unha labor de información e asesoramento acerca das consecuencias derivadas do uso, consumo prexudicial ou dependencia de substancias, condutas sexuais de risco e patoloxía VIH-SIDA. Así mesmo, ofrértase tamén o servizo de detección precoz do VIH- VHC (coa realización da proba rápida no fluído oral).
Dentro da área legal realízase un asesoramento personalizado ao drogodependente con problemas legais e a súa familia, informándolle e asesorándolle sobre a súa situación legal e/ou penitenciaria. Non existe outro recurso destas características, que aborde esta problemática específica no noso ámbito de actuación (municipios de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Porto do Son).
As actividades que estructuran o programa son as seguintes:
- Probas de detección precoz do VIH e VHC.
- Asesoramentos psicolóxicos de carácter grupal e individual
- Información e asesoramento xurídico/legal: intervención individuais.
- Contactos con avogados/as.
- Xestións en xulgados.
- Xestións ante outros organismos públicos (CIM, CIS, Axencia Tributaria, INSS, ISM, SEPE…).
- Solicitude de informes terapéuticos para aportar como medios de proba.
- Redacción de escritos xurídicos.
- Xestións en centros penitenciarios.