PROBLEMAS EMOCIONAIS E ADICCIÓNS
18/07/2022
Máis da metade das persoas con problemas de adicción presenta problemas emocionais e psicolóxicos. A comorbilidade ( dous ou máis trastornos, enfermidades na mesma persoa) observada entre adicción e trastornos psiquiátricos é moi elevada entre a poboación que acode a tratamento.
Aproximadamente, máis da metade das persoas que acoden a programas de tratamento sofren problemas emocionais e psicolóxicos (54,4%), un 57,3% amosa depresión e ata un 71,2% manifestan haber presentado ansiedade severa durante un periodo significativo. Destacar ademais que o 42,2% das persoas tiveron algún intento de suicidio.
Estes datos son os obtidos polo Observatorio Proyecto Hombre sobre o perfil das persoas con problemas de adicción en tratamento; dito documento incorpora ademais unha análise dos posibles factores influyentes na problemática das adiccións, analizando as situacións sociais e familiares, a posible concurrencia de problemas psicolóxicos e /ou emocionais entre outros aspectos.
Deste informe cabe destacar as seguintes conclusións, ás que se puido chegar tras un amplo e detido estudo:
- Un 81,9% das persoas atendidas foron homes e un 18,1% mulleres, aínda que a tendencia de mulleres no tratamento non é tan elevada, obsérvase un incremento paulatino pasando dun 13,8% no 2013 a un 18,1% no 2021.
- A maior parte das persoas usuarias proveñen de tratamentos libres de drogas de carácter ambulatorio.
- A poboación que acode a tratamento presenta unha elevada incidencia de problemas psiquiátricos, máis da metade sofren patoloxías emocionais e psicolóxicas (54,4%). As principais problemáticas son ansiedade severa e depresión severa. O informe destaca unha maior prevalencia de problemas de índole psicolóxica-psiquiátrica entre as mulleres, situándose a súa incidencia por riba do xénero masculino en tódolos factores analizados, agás nas conductas violentas e alucinacións, que puntuan igual.
- En relación ó consumo de substancias psicoactivas, entre a mostra das persoas que ingresan tratamento habitualmente, atópanse consumos de varias substancias acaparando a maior parte das demandas de tratamento a cocaína e o alcohol.
FONTE: Observatorio Proyecto Hombre.