No 50% dos casos os trastornos de personalidade derivan en drogodependencia
14/06/2010
O alcohol, o cannabis e os opiáceos son as principais drogas consumidas por aquelas persoas con este tipos de trastornos ligadas a condutas desadaptativas.
Os trastornos de personalidade ou de carácter, que afectan entre un 10% e un 12% da poboación mundial segundo os estudos máis recentes, agrúpanse en tres categorías: Clúster A, que inclúe ós raros ou excéntricos; o B, que ten como trastornos máis significativos a psicopatía, comportamentos antisociais e ó límite; e o Clúster C, que inclúe os trastornos por evitación, dependencia e obsesivos-compulsivos.
As persoas que presentan estes últimos “empezan a consumir alcohol en situacións sociais e ó descubrir unha certa axuda para superar a ansiedade e o medo ata que se transforma nunha trampa que determina a evolución do trastorno e convértese no problema principal cando deriva en adicción”, explica o doutor Palao.
Nos pacientes do Clúster B (psicópatas e ó límite), confirman que calquera droga pode incrementar as condutas agresivas, incluso as “sedativas” como o alcohol, porque en baixas cantidades produce desinhibición condutual e desaparece a sensación de risco, así como en grandes cantidades aumenta a impulsividade e acábase perdendo a sensación de perigo e culpa.
Nas persoas con trastornos de personalidade de Clúster B, a frecuencia de consumo de drogas é ata máis alta que no Clúster C, e alcanza o 90% en mostras de drogodependentes con politoxicomanías.
Os trastornos de personalidade maniféstanse a partir da adolescencia e nos primeiros anos da vida adulta. Trátase dun patrón persistente de conduta desadaptativa, un carácter patolóxico. No caso dos pacientes do Clúster C, a ansiedade e o medo a calquera situación nova ou non controlada limitan as perspectivas vitais, condicionando todo tipo de decisións importantes como as relacións sociais ou o tipo de traballo. Deica que en moitos casos o uso de drogas “sedativas” pasa rapidamente de ser unha axuda a converterse nun grave problema de adicción se non hai un tratamento especializado que axude a controlar esta ansiedade patolóxica.
Os mozos/as con trastornos de personalidade teñen un “altísimo” risco de desenvolver adiccións. Por iso é importante detectalos/as en etapas iniciais, iniciar tratamento e ofrecer a oportunidade de evitar as consecuencias que ten a drogodependencia.
FONTE: UNAD