Os fumadores/as de tabaco de lear presentan maior concentración de monóxido de carbono

Radiografía pulmóns

27/08/2014

Un estudo publicado en “Prevención do Tabaquismo” revela que o 30% dos consumidores/as de tabaco pasáronse a esta clase pensando que era máis saudable.

Os fumadores/as de tabaco de lear presentan concentracións máis altas de monóxido de carbono no seu aire expirado que os fumadores/as de tabaco manufacturado a pesar de que estes últimos/as consomen un número máis alto de cigarros diarios (18,5 fronte a 27,9. A explicación é bastante simple, xa que a pesares de consumir menos, os fumadores/as de tabaco de lear tenden a dar máis caladas e máis profundas. Afirma Carlos Jiménez Ruiz, director do Programa de Investigación en Tabaquismo da Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica.

A pesar de que a investigación, publicada na revista Prevención do Tabaquismo, revela que un 30% dos fumadores/as de tabaco de lear confesan que cambiaron ao consumo deste tipo de tabaco pensando que era máis saudable, "co tabaco de lear quéimase máis papel en cada calada, o que fai que aumente a concentración de monóxido de carbono".

En canto ao perfil do consumidor/a deste tipo de tabaco, asóciase con homes xeralmente novos, con menores recursos económicos, cun menor nivel educacional, que viven no medio rural e que cambiaron ao tabaco de lear pensando que era máis saudable. Jiménez sinala que "este tipo de fumadores/as teñen unha maior dependencia pola nicotina e presentan unha menor motivación para abandonar o hábito que os fumadores/as de cigarros convencionais. Ademais, posúen un grao máis alto de auto-eficacia, o que dificulta aínda máis o intento de abandono".

Altas taxas de abstinencia aos 6 meses de seguimento

A pesar diso, en ambos os grupos de fumadores obtivéronse unhas "altas taxas de abstinencia ao seis meses de seguimento", chegando a cifras superiores ao 60% nos que utilizaron o tratamento farmacolóxico con vareniclina.

Finalmente, outro dato relevante é que o 33% das marcas indican os contidos de nicotina e alcatrán no paquete do produto. "No caso do monóxido de carbono a etiquetaxe é nulo". "É imprescindible que a administración sanitaria extreme a vixilancia para o cumprimento da lei por parte das empresas que comercializan o tabaco de lear, así como para lograr que a poboación xeral reciba a información adecuada sobre a composición do produto que están a consumir", asegura Jiménez Ruiz.

Fonte: As drogas info