OS EFECTOS DO CANNABIS NO CEREBRO

efectos do cannabis no cerebro

13/03/2020

As últimas investigacións científicas demostran que o consumo habitual de cannabis provoca cambios estructurais no tecido cerebral, posto que produce alteracións que conducen a un deterioro da memoria, atención, percepción, coordinación e concentración.

Ditos cambios vanse traducir nun empeoramento do rendimento persoal, social e laboral, con afectacións emocionais e físicas.

Moitas persoas consumen porque a sustancia facilítalles a relaxación, evadirse, socializar ou divertirse; pero a outra cara da moeda é que esa substancia pode ser a porta de entrada a importantes alteracións mentais como a psicose ou ansiedade.

MEDICINA OU DROGA?

O cannabis sativa é unha planta que conten máis de 400 compoñentes químicos, dos cales se coñecen polo menos 60 cannabinoides. Os tres máis importantes son o THC, CBD, e CBN. O delta-9-tetrahidrocannabinol (THC) é o psicoactivo principal do cannabis, atópase nos brotes florecidos e, en menor cantidade, nas follas.

Na actualidade, coas técnicas de cultivo e selección xenética, obtivéronse plantas de maior concentracción de THC, pasando dun 2-5% ata un 20%.

Os seus efectos psicoactivos comezan poucos minutos despois do seu consumo fumado e duran de unha a dúas horas, aínda que o THC permanece longo período de tempo no organismo (podendo detectarse un mes despois en consumidores crónicos)

Algúns dos seus efectos secundarios son diminución da memoria a curto prazo, sequedade na boca, ollos enroxecidos, alteración da percepción, capacidade motriz afectada e aumento de apetito. Unha persoa que consume cannabis pode desenvolver unha adicción e, como consecuencia, experimentar diferentes estados mentais e físicos.

INTOXICACIÓN DE CANNABIS

Os efectos agudos do cannabis son moi variables e dependen da dose, do contido de THC, da proporción de THC/CBD, da forma  de administración, así como da personalidade, expectativas da persoa e caraterísticas do contexto no que consume.

O consumo do cannabis xeralmente ten dúas caras. Pode producir unha fase inicial de estimulación/euforia ou benestar e posteriormente unha fase onde predomina a sedación con relaxación e somnolencia. Nalgúns casos, especialmente en consumidores esporádicos ou tras doses elevadas, poden aparecer ansiedade, disforia, síntomas paranoides e pánico.

A VULNERABILIDADE XENÉTICA

É moi habitual pensar "Isto non me vai ocurrir, a mín sentame ben"; pero no consumo de drogas a vulnerabilidade xenética xoga un papel moi importante. Hai persoas que teñen un maior risco de desenvolver adiccións e enfermidades mentais debido á súa carga xenética.

Algunhas persoas son as máis propensas a padecer certos trastornos mentais debido ós seus sistemas nerviosos e neuronales, compoñentes xenéticos, experiencias vitales e tipos de personalidade. Así mesmo, existen trastornos psicóticos que poden permanecer "durmidos" e detonarse co consumo de drogas.

Ninguén nos asegura, nin pode facelo, cómo vai ser a nosa reacción ante o próximo consumo. Consumir drogas é decisión de cada un e asumir as súas consecuencias tamén. Podemos poñer unha venda nos ollos pero a realidade que se constata cada día é que o consumo de drogas altera os nosos estados mentais, emocionais e físicos.