OS CANNABINOIDES SINTÉTICOS
07/03/2022
Os cannabinoides sintéticos (CS) son un grupo moi amplo de substancias, que presentan unhas estrucutras químicas moi dispares e que teñen en común unha gran afinidade polos receptores cannabinoides do cerebro.
A diferenza do cannabis clásico (CN), que actúa como agonista parcial (sendo capaz de unirse a un receptor celular e provocar unha acción determinada na célula, similar á producida pola substancia fisiolóxica); dos receptores CB1 e CB2 do cerebro, os cannabinoides sintéticos actúan como agonistas totais, chegando a presentar unha potencia entre 40 e 660 veces superior o que desemboca nunha rápida aparición e maior gravidade dos efectos negativos que provoca.
A maioría das investigacións analizadas con revisións sistemáticas amosan que tanto a intoxicaión aguda como o consumo cróncio de cannabinoides sintéticos (CS) inflúen de xeito negativo no funcionamento da memoria, na atención, flexibilidade cognitiva e control inhibitorio da conducta; o que se traduce nunha gran impulsividade.
Sumado a todo o anterior, o lobby do cannabis xera confusión na poboación xeral e incluso entre algúns profecionais sa nitarios; de aí que se considera preciso dispor de materiais informativos sinxelos que sexan doados de difundir sobre a realidade dos posibles usos dos derivados cannábicos.
FONTE: III Congreso Internacional de Cannabis.