ONUSIDA indica que as novas infeccións polo VIH descenderon

Portada do informe

24/09/2013

O Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA mostra nun novo informe que se lograron avances significativos en prol da consecución dos obxectivos relacionados co VIH para 2015.

Calcúlase que, en 2012, déronse 2,3 millóns de novos casos de infección polo VIH en adultos e nenos/as, o que representa unha caída do 33% desde 2001. Da mesma maneira, as novas infeccións entre os nenos/as descenderon até 260.000 en 2012, o que implica unha redución do 52% desde 2001. Grazas á expansión do tratamento antirretrovírico, as mortes relacionadas coa SIDA tamén descenderon nun 30%, en comparación cos índices máximos rexistrados en 2005.

A finais de 2012, aproximadamente 9,7 millóns de persoas tiñan acceso á terapia antirretrovírica nos países de ingresos baixos e medios: un aumento de case o 20% en tan só un ano. En 2011, os Estados Membros das Nacións Unidas estableceron o obxectivo de que, para 2015, 15 millóns de persoas recibirían tratamento contra o VIH. No entanto, cando os países comezaron a lograr mellorar a cobertura do tratamento e apareceron novas probas que indicaban que a terapia antirretrovírica favorecía a prevención do virus, a Organización Mundial da Saúde estableceu un novo conxunto de directrices sobre o tratamento do VIH, e calculouse que o número de persoas que necesitaban o tratamento pasaba a ser superior a 10 millóns.

"Non só debemos conseguir o obxectivo de que, para 2015, 15 millóns de persoas sigan o tratamento do VIH, senón que temos que ir máis aló, e manter a nosa visión e compromiso para asegurarnos de que ninguén queda atrás", declarou Michel Sidibé, director executivo de ONUSIDA.

Observouse, así mesmo,, un progreso importante á hora de satisfacer as necesidades dos pacientes de tuberculose que viven co VIH, pois as mortes relacionadas coa tuberculose entre as persoas que viven co virus descenderon nun 36% desde 2004.

A pesar dos recortes en termos de financiamento para o VIH por parte dos doantes, a cal se mantivo ao redor dos niveis alcanzados en 2008, aumentou o investimento nacional en materia de VIH, até chegar a representar o 53% dos recursos mundiais para o VIH en 2012. Calcúlase que, no devandito ano, os recursos destinados ao VIH equivalían a un total de 18,9 mil millóns de dólares estadounidenses, o que supón entre 3 mil e 5 mil millóns menos dos 22-24 mil millóns de dólares estadounidenses que se prevé necesitar anualmente para 2015.

Ademais de indicar novos datos estatísticos mundiais achega do VIH, o Informe sobre a epidemia mundial de SIDA 2013 de ONUSIDA inclúe información achega do progreso alcanzado ao redor de dez obxectivos específicos, establecidos polos Estados Membros das Nacións Unidas na Declaración política sobre o VIH e a SIDA de 2011.

O informe indica que se avanzou lentamente no que se refire a garantir o respecto dos dereitos humanos; asegurar o acceso aos servizos relacionados co VIH para as persoas expostas a un maior risco de infección polo VIH, especialmente os usuarios de drogas; e evitar a violencia contra as mulleres e as nenas: un factor crave na vulnerabilidade ao VIH. A desigualdade de xénero, as leis punitivas e as accións discriminatorias seguen obstaculizando as respostas ao VIH nacionais; por iso, é necesario axuntar esforzos para facer fronte a estes retos e aumentar os servizos relacionados co VIH para aqueles que máis o necesitan.

O Informe sobre a epidemia mundial da SIDA 2013 de ONUSIDA atópase dispoñible en unaids.org/es (en inglés).

Calcúlase que:

35,3 millóns (32,2 millóns – 38,8 millóns) de persoas vivían co VIH en todo o mundo.

2,3 millóns (1,9 millóns – 2,7 millóns) de persoas contraeron a infección polo VIH.

1,6 millóns (1,4 millóns – 1,9 millóns) de persoas faleceron a causa de enfermidades relacionadas ca SIDA.