OLLO COAS BEBIDAS ENERXÉTICAS
08/04/2022
A partires das conclusións derivadas do Informe do Comité Científico da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) sobre os riscos asociados ó consumo de bebidas enerxéticas, anunciáronse un conxunto de medidas entre as cales se inclúen a elaboración dunhas recomendacións de consumo, que se presentan a continuación.
- As bebidas cun alto contido en cafeína son aquelas que aportan máis de 15 miligramos desta substancia por 100 mililitros de bebida. Normalmente, de media, as bebidas enerxéticas conteñen 32 mg de cafeína por cada 10 ml de bebida.
- O reglamento da UE obriga a incluir a seguinte mención no etiquetado de bebidas con alto contido de cafeína: " Contido elevado de cafeína: Non recomendado para nenos, nin mulleres embarazadas ou en período de lactancia"
- As bebidas enerxéticas con azúcares poden contribuír a exceder a inxesta diaria recomendada de azúcares, xa que unha lata de 250 ml aporta entre 27,5 e 30 gramos de azúcar; (sendo a recomendación da OMS de 50 gramos ó día).
- Un consumo excesivo de cafeína pode causar efectos fisiolóxicos non desexados que van dende alteracións do sono ata efectos psicolóxicos e alteracións do comportamento, así como trastornos cardiovasculares.
- Un consumo regular de cafeína pode causar dependencia física moderada a partires de 100 mg/día e tolerancia a esta substancia.
- O consumo de máis de 60 mg de cafeína en adolescentes de 11 a 17 anos (lembremos que en 200 ml de bebida enrxética xa se atopan 32 mg de cafeína), pode provocar alteracións do sono.
- Non deben combinarse bebidas enerxéticas con bebidas alcohólicas, xa que o consumo combinado de ambas conduce a estados subxetivos alterados que inclúen unha diminución da percepción da intoxicación etílica.
- Os deportistas, deben ter en conta que as bebidas enerxéticas non son adecuadas para a rehidratación.
- As altas concentracións de cafeína son especialmente prexudiciais para persoas con cadros clínicos como: hipertensión ou alteracións no sono.
Á vista de todo o exposto, a AESAN fai as seguintes recomendacións:
- Evitalo consumo destas bebidas enerxéticas en adolescentes, mulleres embarazadas e en periodo de lactancia, persoas con hipertensión ou problemas cardiovasculares. e persoas que padecen alteracións do sono.
- Non combinalas con bebidas alcohólicas.
- Non tomalas para rehidratarse tras facer actividades deportivas.
FONTE: AESAN (Axencia Española Seguridade Alimentaria e Nutrición)