O USO INADECUADO DAS TICs

Redes sociais

05/09/2022

O catedrático en Psicoloxía Clínica da Universidade do País Vasco, Enrique Echeburúa, advirte sobre a adicción das persoas máis novas ás redes sociais. Considera esta adicción unha "epidemia silenciosa que non provoca rexeitamento social" como pode supor o consumo de substancias.

A adicción ás redes sociais é un problema de saúde pública, posto que afecta a un grupo de poboación importante, sendo ademais un grupo especialmente vulnerable a adolescencia. O primeiro que se debe facer é unha clasificación clara que especifique todo o proceso que vai dende o uso ata unha adicción. Hai que ter en conta que a partires dos 12-13 anos ( ou antes en moitas ocasións), as persoas empregan internet e as redes sociais, unha gran parte fan un uso adecuado das redes sociais, empregando as redes ó servizo das necesidades, afeccións ou intereses; pero hai unha porcentaxe de persoas, cada vez máis elevada, que desenvolven un patrón de abuso.

As redes non son boas ou malas por sí mesmas, o que é malo ou bo en sí mesmo é o uso que se faga das mesmas. O uso inadecuado prodúcese cando unha persoa atravesa a liña vermella, caracterizada por empregar un longo tempo de adicación ás redes sociais, tendo en conta ademais o aspecto cualitativo do seu emprego. Falamos de adicción cando as persoas perden a súa capacidade de control, empregando as redes en momentos inadecuados ou a destempo (cando ten que facer outras actividades); cando se atopan irritables en lugares sen cobertura ou se esquecen o móbil, deixar de facer actividades ás que antes adicaban o seu tempo de lecer.

Aínda que a adicción pode afectar a calquer persoa débese tereen conta que hai un período de maior vulnerabilidade como é a adolescencia, porque nesa etapa as persoas están en formación; sendo máis susceptibles aquelas persoas máis impulsivas e con pouca capacidade de control, baixa autoestima; tamén son máis vulnerables as persoas cuns recursos psicolóxicos pobres para afrontar frustacións da vida cotiá, outro factor de risco ou de predisposición son as persoas que presentan unha carencia ou perda de afecto cunha cohesión familiar débil.

Por todo o exposto anteriormente, ás persoas que traballan non ámbito educativo, preventivo, e os proxenitores deben facer unha labor integrada traballando todos os axentes implicados nunha mesma liña. Non debemos esquecer que tamén hai proxenitores que abusan das redes sociais e internet diante dos seus fillos/as,  por exemplo nos momentos da comida, os cales deben ser momentos de interacción familiar. Tamén se debe controlar o que están a facer os/as rapaces cando teñen o móbil e non darllo como entretemento para calmar unha rabieta. Así mesmo, tampouco ten sentido regalarllo a idades tan temperás, porque é un aparello extraordinariamente potente para persoas que non teñen a capacidade para controlar o risco que supón.

FONTE: LasDrogasInfo.