O TEAF

Trastorno do Espectro Alcohólico Fetal

09/09/2024

Entre o 2 e o 5 % dos escolares nos países desenvolvidos padece Trastornos do Espectro Alcohólico Fetal (TEAF), que comprende un conxunto de problemas físicos,conductuais e cognitivos con diferentes graos de intensidade; derivados todos eles do consumo de alcohol durante o embarazo.

Dende o diagnóstico precoz, pódese marcar a diferenza na vida futura das persoas afectadas. O consumo de alcohol durante o embarazo pode causar graves danos ós futuros bebés, afectando o seu desenvolvemento cerebral e aumentando o risco de cancro e outros problemas de saúde, estes danos poden variar moito en cada persoa.

Nos nenos e nenas con TEAF as alteracións nas funcións cerebrais poden presentarse de modos diferentes, aínda que certos problemas cognitivos, de conducta e adaptativos soen ser comúns, incluíndo que teñan dificultades no seu desenvolvemento intelectual, problemas para aprender a procesar a información, lembrar e seguir instruccións e dificultades coas habilidades da linguaxe.

Ademais, poden presentar falta de atención, problemas para planificar e organizarse, problemas de memoria, impulsividade e dificultades na coordinación motora.

Non é seguro beber ningunha cantidade de alcohol durante o embarazo, atendendo ós consellos dos expertos se está ou cre que podería estar embarazada, non se debe beber alcohol. A exposición do feto ó alcohol pode causar problemas físicos, emocionais e de comportamiento de por vida.

FONTE: Infosalus