O protocolo antitabaco de atención primaria incrementa nun 50% as probabilidades de deixar de fumar

Estetoscopio

18/09/2011

Un estudo aconsella que o médico/a de familia non espere a que o/a paciente demande axuda para activar a estratexia de deshabituación.

O estudo coordinado polo Instituto Universitario de Investigación en Atención Primaria Jordi Gol demostrou que o protocolo antitabaco de atención primaria incrementa nun 50% as probabilidades de que o/a paciente deixe de fumar.

O 75% dos/as 2.800 participantes en ISTAPS (nome que recibe o traballo) non se expuñan superar a súa adicción, o que aconsellou unha intervención baseada en pór sobre a mesa os proles e os contras do tabaco para que fosen eles/as quen forxasen as súas propias motivacións. Para quen si querían abandonar o hábito, adoptouse unha estratexia máis concreta e, nalgúns casos, prescribiuse un fármaco.

O perfil dos fumadores/as que tomaron parte no estudo correspondía ao dun individuo de 43 anos que se iniciou no tabaco aos 16 e viña fumando un paquete diario desde facía 26 anos. A metade deles eran mulleres, o 80% pertencía a unha clase social media ou baixa e, na súa maioría, eran sedentarios/as.

Ao finalizar o seguimento, de dous anos de duración, un 8% dos fumadores/as podía considerarse ex fumador/a. Os autores/as do estudo lembran, a este respecto, que convén ter en conta que a maioría dos/as participantes non se expuxo deixar de fumar.

Entre as principais conclusións do estudo, publicado na revista Addiction, figura a recomendación de que o médico/a de familia non espere a que o/a paciente demande axuda para activar o protocolo.

 

FONTE: As Drogas Info