O PLAN DE ACCIÓN SOBRE ADICCIÓNS 2021-2024
11/02/2022
Dende que no ano 1985 se aprobou o primeiro Plan de acción sobre drogas, España estivo contando con elementos de planificación neste campo. Ó longo de décadas proporcionaron un marco de planificación para as actuacións da Administración Xeral do Estado, as Comunidades Autónomas, e as corporacións locais máis comprometidas neste terreo, ademais das entidades sen ánimo de lucro creadas para dar resposta ós problemas plantexados polas adicción dende a sociedade civil. Aínda que a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas é o órgano administrativo que prepara e xestiona os Plans, estos marcan as prioridades para tódolos actores que contribúen a darlles resposta. De feito, a súa existencia facilitou unha liña de continuidade e consenso na resposta ás drogas e as adiccións. Despois de que as Nacións Unidas propuseran que os estados membros adoptaran estratexias a longo prazo neste campo, España dotouse dunha primeira Estratexia Nacional sobre Drogas ao mesmo tempo que a Unión Europea adoptou tambén unha estratexia propia.
Dende entonces, a Estratexia Nacional marca as grandes liñas de actuación fronte ás drogas e as adiccións no noso país, con periodos de vixencia de oito anos. Apróbase polo Consello de Ministros, e establece as prioridades de acción tanto no control da oferta como na reducción da demanda. O proceso de elaboración do Plan de Acción sobre Adiccións 2021-24 enmárcase na Estratexia Nacional de Adiccións (ENA) vixente. Polo tanto, incorpora na súa misión, obxetivos xerais, visión, valores, e os seus principios rectores. Ademais, estructúrase nas mesmas áreas configuradas na Estratexia, dando resposta a dúas grandes metas que derivaron da Estratexia Europea, así como ás sùas diversas áreas transversais.
Misión
Ofrecer un marco de referencia cun enfoque integrado, equilibrado e basado na evidencia a: por un lado, tódalas Administración Públicas, instancias que forman parte do PNSD, e outras entidades concernidas, para que deste xeito coa necesaria flexibilidade, leven a cabo os plans e programas relacionados coas adicciones que son obxecto da súa competencia, e aproveitando as sinerxias que poden crearse mediante a coordinación e colaboración de todas elas; e por outro, ás acciones que por parte do PNSD, se desenvolvan no contexto internacional (Estratexia Europea, Declaración Política de ONU, UNGASS, Convencións…).
Obxectivos xerais
• Diminuir os danos asociados ó consumo de substancias con potencial adictivo e os ocasionados polas adiccións comportamentais.
• Diminuir a presenza e o consumo de substancias con potencial adictivo e as adiccións comportamentais.
• Retrasala idade de inicio ás adiccións.
Visión de futuro
No ano 2024, teranse reducido en España os danos asociados ó consumo de substancias con potencial adictivo e os ocasionados polas adiccións comportamentais, a través da execución de políticas sobre drogas e adiccións encamiñadas a diminuir a súa presencia e consumo, con actuacións dirixidas ás persoas e o seu contexto, familias, comunidade e conxunto da sociedade, contribuíndo a construir unha sociedade máis saudable, informada e segura.