O PERIGO REAL DOS CIGARROS ELECTRÓNICOS
15/03/2023
O tabaco é un producto que acaba coa vida da metade das persoas usuarias, e a industria tabacalera consciente de esto reinvéntanse continuamente e crea unha ilusión de seguridade e baixa percepción de risco. De aí que a tecnoloxía tamén comeza a crear productos "supostamente" máis seguros, como os dispositivos que quecen o tabaco (cigarros electrónicos)
Pero, reduce os riscos?
Para considerar que unha intervención reduce o perigo para a saúde dun colectivo ten que ser valorada a nivel poblacional, con todos os seus pros e contras. Polo que non se debe caer no reduccionismo de considerar que os resultados duns ensaios clínicos controlados poidan ser trasladados a un emprego xeralizado do cigarro electrónico.
De feito, a repetida afirmación de que é un producto un 95% menos tóxico có tabaco carece de evidencia científica. Empregar cigarros electrónicos reduce os biomarcadores de exposición ás substancias canceríxenas, pero aumenta as posibilidades de padecer un trastorno cardiovascular e enfermidades graves do aparello respiratorio, aumentando a actividade bronquial e secreccións ou favorece a aparición doutras enfermidades inflamatorias.
As substancias que se atopan nos cartuchos ó quentalos producen formaldehídos, acetaldehídos e acroleínas, todos eles grandes tóxicos pulmonares e canceríxenos, sen ter en conta a nicotina. De feito, os últimos estudos amosan que o emprego destes dispositivos non só NON axudan para deixar de fumar senón que favorecen as recaídas. Rexistrándose tamén un aumento do seu emprego entre a poboación xuvenil non fumadora, converténdose, desta maneira, nunha vía de entrada ó consumo de tabaco.
Os estudos realizados permiten afirmar que o cigarro electrónico provoca máis danos ca beneficios, polo que debería incluírse tamén nas campañas de prevención da saúde e regular a súa dispoñobilidade.
FONTE: Antoni Baena (Especialista no tratamento e control do tabaquismo)