O ESPERTAR DA SEXUALIDADE
29/04/2015
É importante ensinar habilidades sociais para que os/as xóvenes tomen decisións propias, sen deixarse levar unicamente pola presión do seu grupo de iguais, nin actuar por mimetismo levando a cabo condutas polo simple feito de non ser distintos/as aos demais.
A adolescencia é unha etapa de cambios, descubrimentos e de erros, etapa na que se forman os cimentos do que seremos despois. Non tódolos/as xóvenes crecen do mesmo xeito, pero si hai factores comúns que os fan a todos vulnerables. Entre eles un dos máis importantes é o espertar á sexualidade e a busca do propio pracer: os primeiros bicos, aloumiños, relacións.
Na actualidade a idade de inicio das relacións sexuais das rapazas en España sitúase en torno aos 16 anos, según o último informe de Anticoncepción 2.014 da SEC . Catro anos antes cas mulleres que agora teñen 45 anos; elas comezaron aos 20 e as súas fillas aos 16.
Que lles leva a querer ter relacións sexuais tan cedo?
Un estudo levado a cabo na Universidade de Utrecht en colaboración co Instituto Psiquiátrico de Nova York, asegura que o motivo de comezo tanto nos rapaces como nas rapazas é porque os seus amigos tamén o fan.
Os/as xóvenes a esas idades, en moitas ocasións, actúan por imitación, “ impórtalles moito o que opinen os seus iguais, e estes dalgunha maneira exercen certa presión sobre eles”
Aínda que non en tódolos grupos de xóvenes importan as mesmas cousas, así mentres uns dan máis importancia ás relacións e ligoteo, outros danlle maior importancia aos videoxogos ou tecnoloxía, deportes. Así no primeiro grupo é máis probable que os seus membros estean baixo unha determinada presión ou influenza.
Pero o comportamento sexual dos/as adolescentes non depende só da influencia de iguais senón tamén doutros factores que tamén cobran importancia como os propios cambios físicos, a erotización da sociedade e de certos factores culturais e familiares.
Fisicamente están preparados para o inicio das relacións sexuais aínda que psicoloxicamente comezan a descubrirse e relacionarse afectivamente cos demais. Pero a parte hormonal vai máis rápida ca psicolóxica.
Por outra banda, hai certo contido sexual que forma parte do seu día a día: nas series de TV que ven, letras das cancións que eles van querer experimentar en primeira persoa.
A pesares dos avances na sociedade os/as xóvenes seguen tendo algúns mitos acerca das relacións sexuais e o amor moi interiorizados. Para romper estes mitos teríase que aplicar dende a base unha boa educacións sexual inexistente no curriculum oficial da actual Lei de Educación.
Fonte: El Mundo Salud