O CUARTETO DA FELICIDADE

Cuarteto da felicidade

31/07/2024

Catro substancias químicas producidas polo propio organismo impactan no estado de ánimo das persoas a diario: endorfinas, serotonina, dopamina e a oxitocina. Descobre a súa función e como potenciar a súa liberación con hábitos simples e saudables.

A busca da felicidade é unha parte constitutiva da experiencia humana dende tódolos tempos e hoxe en día sábese que o cerebro xoga un papel fundamental neste proceso. O chamado "cuarteto da felicidade" é o responsable desas intensas sensacións de alegría, satisfacción e benestar que tódalas persoas anhelan.

A felicidade é unha experiencia de satisfacción, benestar e alegría, aínda que está influenciada polas nosas crenzas, comportamentos e o entorno social, posúe unha base química no cerebro. As chamadas hormonas da felicidade son uns neurotransmisores indispensables na creación e regulación destas emocións positivas, das cales faremos un breve percorrido:

  • Serotonina (o pilar do benestar)

Esta hormona non só mellora o humor, senón que tamén inflúe en funcións como o sono, a memoria e a concetración. A nivel emocional, unha deficiencia desta pode provocar irritabilidade, mal humor e falta xeral de motivación xunto con problemas do sono.

  • Dopamina (a chispa do pracer)

Este neurotransmisor é crucial no proceso de recompensa e pracer inmediato. Cada vez que se experimenta algo gratificante, como a comida de alimentos favoritos, acadar obxectivos ou o desfrute de acitividades recreativas; estimúlase o centro de recompensa cerebral producindo liberación de dopamina, e isto fai que a persoa se sinta ben e motiva que a conducta se repita. 

Sen embargo, esta capacidade de xerar placer instantáneo é un arma de dobre fío, xa que pode levar a comportamentos adictivos e compulsivos.

  • Oxitocina (a hormona do amor)

Este neurotransmisor é fundamental na formación e fortalecemento dos lazos afectivos e as relacións interpersoais, xa que fomentan o apego e confianza.

Pódese fortalecer a liberación natural deste cuarteto da felicidade e benestar poñendo en práctica algúns dos hábitos saudables seguintes:

  1. Facer exercicio regular planificado como correr, nadar ou praticar ioga; xa que a actividade física aumenta a producción de endorfinas que diminúen a dor física e o sufrimento emocional ó tempo que mellora o estado de ánimo.
  2. Levar unha alimentación saudable, incluíndo alimentos ricos en proteínas como carnes magras, ovos, legumes.
  3. Priorizar as risas e o bo humor, mirando comedias, lendo libros divertidos, pasando tempo con persoas que teñan bo sentido do humor.
  4. Practicar meditación e minfulness ou exercicios de respiración profunda.
  5. Levar unha vida sexual pracenteira que promova o benestar e o apego.
  6. Descansar as horas suficientes, cunha rutina de sono consistente.

FONTE: La mente es maravillosa