O CONSUMO DOS HIPNOSEDANTES PARA PALIAR OS MALESTARES DE XÉNERO

PSICOFÁRMACOS

07/06/2024

A prescripción deste tipo de fármacos é maior nas mulleres e segue uns patróns situados na mesma premisa, paliar os malestares de xénero.

Ante unha expresión de malestar vinculado á frustración vital, malestar emocional, ansiedade e sobrecarga a resposta que se estivo dando á muller dende a atención primaria e a especializada é o receitar este tipo de fármacos para paliar esta sintomatoloxía sen abordar as causas da mesma. A tendencia máis habitual é sempre a de infravolorar os síntomas das mulleres, achacando os seus problemas a estados emocionais e medicalizalos, poñendo deste xeito un parche sen profundizar nas raíces desas problemáticas que non son unicamente emocionais. Por outra banda, hai unha clara tendencia a medicalizar e patoloxizar malestares, porque esta solución é percibida como rápida e barata, sen ter en conta que a longo prazo non vai ser rápida nin barata.

Estes medicamentos, na meirande parte dos casos, acceden a eles con receita médica, pero diversas investigacións da Fundación Atenea detectan que o primeiro contacto cos hipnosedantes, en moitas ocasións, non é prescrito polo persoal médico e provén do entorno máis cercano (nais, avoas, amigas), producíndose deste xeito unha automedicación, que posteriormente se continúa dende os servizos de atención primaria ó demandala prescipción a estes profesionais. Por todo isto, é necesario informar e concienciar dos efectos destas substancias e o seu potencial aditivo, tamén se debe incidir sobre a poboación máis nova, que se está incorporando neste consumo, informando dos riscos e da interacción con tratamentos e consumos de alcohol. Á súa vez, hai que acadar que esta prescripción (de ser precisa) vaia SEMPRE acompañada dun tratamento psicolóxico e posterior seguimento, para que non se cronifique nin normalizen este tipo de consumos.

Para poder traballar dende a raiz estas problemáticas sen tender a unha medicalización excesiva, deberíase previr a prescripción indiscriminada e focalizarse máis nos problemas de saúde mental e malestares expresados polas persoas. Un exemplo típico do que acontece en moitos casos é o seguinte: 

" Non podo durmir... unha muller de mediana idade con doble xornada ou incluso triple, ademais de ter fillos a cargo e maiores dependentes... o problema é que non pode durmir? ou que está exhausta, sobrecargada e cuns niveis de estrés elevadísimos. Se non hai resposta a estas problemáticas, como vai poder durmir e deixalo tratamento?".

De ningunha maneira se pretende demonizar os medicamentos que posúen unha función necesaria, trátase de xerar conciencia de que non poden ser a única solución. Tódolos medicamentos teñen uns riscos ou efectos secundarios asociados, e estes (hipnosedantes) ademais teñen un compoñente ptencialmente aditivo.

FONTE: Fundación Atenea