O consumo de alcohol durante o embarazo deixa secuelas irreversibles nos nenos/as.
06/04/2015
O Síndrome de alcoholismo fetal (SAF) é una das causas máis coñecidas do retraso mental.
O trastorno do espectro do Síndrome Alcohólico Fetal é bastante frecuente e ao mesmo tempo pouco recoñecido como debido ao consumo de alcohol por parte da futura nai durante o embarazo.
A pesares de que se pode previr, seguen nacendo nenos/as con este trastorno que ten unhas consecuencias que afectan ao neno/a, a familia e a sociedade en xeral.
Dito trastorno experimentou un aumento considerable nos últimos anos, así un estudo norteamericano cifrou un total de nenos/as con SAF en EEUU en torno ao 2,4 e 4,8%.
O trastorno do espectro do síndrome alcohólico fetal (TESAF) en casos extremos pode causar a morte fetal e o SAF; xa que o alcohol provoca danos irreversibles no SNC, ademais de afectar outros órganos e sistemas.
O consumo de alcohol durante o 1º trimestre causa anomalías estruturais, no 2º trimestre hai un maior risco de aborto espontáneo e no 3º trimestre diminúe o peso, a lonxitude e o crecemento cerebral.
Cerca do 70% dos nenos e nenas con alta exposición prenatal ao alcohol teñen tamén alteracións neurocondutuais.
As características clínicas que amosan poden variar coa idade, os dimorfismos faciais poden ser evidentes ao nacer e outros non, o retraso do crecemento pode ocorrer antes do nacemento ou despois e o deterioro do SNC pode que non sexa evidente ata que os neno/a estea na escola.
Pódense observar outros síntomas como trastornos por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), trastornos do sono, do humor.
As anormalidades na formación do SNC inclúen unha diminución do volume cerebral o que vai influír decisivamente no control de impulsos, na transferencia de información entre os hemisferios e como consecuencia fallos nos traballos que impliquen a memoria e o aprendizaxe, a coordinación motora, a capacidade de traballo con metas, e a percepción do tempo.
Fonte: ABC (Familia)