O CMElanza por quinto ano a súa campaña de concienciación sobre a SIDA entre a mocidade
22/09/2011
A iniciativa, bautizada coa lema “Sedución redonda”, pretende "facilitar o acceso da xente nova ao preservativo como medio eficaz de prevención e contribuír á aceptación do seu uso".
O Consello da Mocidade de España (CME) lanzou por quinto ano consecutivo e até o próximo mes de decembro “Condonéate”, a súa campaña de prevención e concienciación sobre o VIH/SIDA entre a mocidade co obxectivo de que este colectivo se conciencie "sobre a importancia de previr o risco para loitar contra esta enfermidade".
O 80% dos novos casos de SIDA en España prodúcense "por non tomar medidas de prevención nas relacións sexuais".
Así, a campaña, baixo a lema “Sedución redonda”, conta coa colaboración do Plan Nacional sobre SIDA e pretende "facilitar o acceso da xente nova ao preservativo como medio eficaz de prevención e contribuír á aceptación do seu uso". Igualmente, esta iniciativa ten o obxectivo de fomentar a educación sexual e ofrecer "información clara, sinxela e básica" sobre as formas de transmisión e prevención, e acerca da proba do VIH.
Durante a presentación da campaña, o presidente do CME, Ricardo Ibarra, sinalou que "é fundamental que os mozos/as se involucren" na prevención da SIDA e recoñeceu que "queda moito por facer". Con respecto aos medios preparados para lograr os obxectivos da campaña, precisou que o CME repartirá máis dun millón de preservativos, carteis e folletos informativos sobre a enfermidade e a proba diagnóstica, lubricantes, chapas e marcapáxinas.
Igualmente, concretou que os materiais se distribuirán en cinco idiomas -español, catalán, euskera, galego e árabe-, á vez que aclarou que tamén se van a realizar cursos de formación a formadores o próximo mes de outubro. Doutra banda, o CME precisa que o 80% dos novos casos de SIDA en España prodúcense "por non tomar medidas de prevención nas relacións sexuais".
2.264 infectados/as en 2009
Pola súa banda, o director xeral do Plan Nacional sobre SIDA, Tomás Hernández, precisou que, segundo os datos ofrecidos por máis dunha decena de comunidades autónomas, o número de novos diagnósticos de VIH en España en 2009 foi de 2.264, así como que se estima que cada ano se infectan unhas 3.500 persoas. Do mesmo xeito, apuntou que un terzo dos que poden ter SIDA non o saben.
Así mesmo, asegurou, que "aínda hai espazo para seguir mellorando en educación afectivo-sexual na escola, na sensibilización e na información de calidade dirixida a persoas novas". "Fixéronse progresos, os estudos dos que dispomos indican que o uso de preservativos nas primeiras relacións sexuais está a aumentar, pero aínda hai oportunidades para mellorar", agregou.
FONTE: Jano.es