O BOTELLÓN TEN IMPLICACIÓNS GRAVES PARA A SAÚDE DA MOCIDADE
16/11/2021
O botellón ten implicacións graves para a saúde da mocidade, máis aló da suciedade e o ruído.
A sociedade científica Socidrogalcohol reuniuse nas súas XLVIII Xornadas Nacionais e III Congreso Internacional o pasado mes de outubro. Os temas que abordaron foron de diversa natureza e multidisciplinares, xa que a entidade está formada por diversos campos como a psicoloxía, psiquiatría, enfermería, medicina...
O consumo de alcohol nos menores de idade é un problema que leva anos preocupando aos profesionais da saúde e a sociedade en xeral. Aínda que, como asegura o presidente de Socidrogalcohol, o doutor Francisco Pascual, este non é un tema tan novo, o que ocorre é que o foco mediático está centrado nos comportamentos que a mocidade fai durante eses macrobotellóns; e en moitas ocasións esquécense das graves implicacións que estes consumos provocan na saúde dos participantes desta actividade.
A evidencia científica amosa que o abuso de alcohol na adolescencia asóciase a un empobrecemento dalgunhas funcións cognitivas e neuropsicolóxicas, entre as que se atopan problemas de aprendizaxe, problemas de memoria, na función visual e espacial, e nas funcións executivas (atención, velocidade psicomotora e a inhibición de respostas). O consumo de alcohol durante a etapa da adolescencia ten efectos negativos nos procesos madurativos que se producen no SNC durante esta etapa, podendo afectar tanto á organización e estructura do cerebro, como a aspectos funcionais (como actividade cerebral durante as tarefas do funcionamento executivo, control da atención e sensibilidade á recompensa); efectos ademais que poden perdurar na vida adulta.
A súa vez, o consumo abusivo de alcohol na adolescencia asóciase tamén a diversos efectos negativos a nivel psicosocial, tales como un maior risco de desenvolver un trastorno por uso de alcohol e outras substancias, maior risco de morbimortalidade vinculada a accidentes ou episodios de violencia e conductas sexuais de risco. A percepción de risco por parte da poboación xeral, e da mocidade en concreto, ten moito que ver nestes consumos. Hai unha normalización das bebidas alcohólicas dende o mesmo intre do nacemento e unha correlación do seu consumo asociado a "comer ben" (nutrición, gastronomía) e a pasalo ben (para ir de festa hai que beber). Deste xeito, a adolescencia en moitas ocasións so replican o aprendido e, sen embargo, os adultos están poñendo o foco en culpabilizar o seu comportamento.
ORIXE DO CONSUMO, O POR QUE?
Hai que tratar de identificalas causas e dende Sociodrogalcohol levouse a cabo un estudo sociolóxico que pretendía a nivel nacional, coñecer os porqués do consumo de alcohol. Entre outros, destacar que con eses primeiros consumos búscase pertencer ó grupo de iguais, posto que temen sentirse excluídos e reciben a presión de grupo. De feito, é case un ritual de iniciación e buscan o despertar da súa adultez bebendo, experimentando cos modelos adultos. Unha vez coñecidos os seus efectos búscase a desinhibición, emprégase como facilitador das habilidades sociais, aumentar a interacción social, entablar conversas ou facilitar accións que só se permiten baixo os efectos do alcohol.
Yoana Monzóns, presidenta de Socidrogalcohol da Comunidade Valenciana e socióloga dunha Unidade de Prevención de Conductas Adictivas, sinala que " non se pode pedir responsabilidade a outros se nós mesmos non somos responsables". A mocidade imita o tipo de socialización e diversión que levan a cabo os adultos.
Por todo isto, é responsabilidade de todas e todos seguir traballando para mellorar a prevención e incrementar a percepción de risoco.
INFO: Revista Independientes ( Revista especializada en adiccións)