O alcohol é a sustancia máis consumida polos nosos estudantes de 14 a 18 anos

Imaxe nova

28/06/2019

O alcohol é a sustancia psicoactiva de consumo máis xeralizada entre os estudantes de 14 a 18 anos de idade.

Son datos preocupantes os que amosan os estudos xa que 8 de cada dez menores (77%), consumiu alcohol algunha vez na súa vida; e o 67% fixéronno no último mes.

O "binge drinking" beber en atracón é unha práctica dos países anglosaxóns que cada vez está máis instaurada en España, posto que ó redor de 700.000 menores admiten beber cinco ou máis copas en menos de dúas horas. Son borracheiras rápidas cun profundo impacto en cerebros que aínda están en formación; e que teñen un efecto directo sobre a presentación de comas etílicos.

Dita evolución neste tipo de consumo en forma de atracón provocou o ingreso de 6.000 menores por comas etílicos no transcurso do 2.016.

A sociedade, en xeral, non é consciente de que estamos ante un grave problema, os expertos reunidos no último encontro sobre adiccións apuntan que : "estamos ante un problema de saúde pública e a sociedade non está á altura da protección que se debe dar ós menores fronte ó consumo de alcohol" (Fernando Cadaveira catedrático de Psicobioloxía da USC)

Unha investigación realizada na USC, e liderada polo propio Cadaveira, demostra que o consumo de alcohol nos xóvenes altera a súa estructura cerebral, afecta na actividade basal do cerebro, provoca hiperactividade á hora de resolver unha tarefa, afeceta á corteza prefrontal e hipocampo e pon en perigo a súa saúde e benestar.