O 60 por cento dos mozos non vai a un botellón para beber
26/03/2015
A Fundación Alcohol e Sociedade cre que a prevención resulta moito máis eficaz ca prohibición. Esta Fundación leva máis de 15 anos desenvolvendo programas preventivos nas escolas, dirixidos a adolescentes.
Entre os resultados obtidos, cabe destacar os déficits por parte dos adolescentes para dicir NON.
A idade de inicio do consumo de alcohol nos nosos adolescentes é aos 14 anos. Están nunha fase experimental onde queren probalo todo. A inxesta de calquera tipo de alcohol en pleno desenvolvemento físico ten graves consecuencias futuras, os xóvenes están en plena madurez cerebral e os etanois poden minguar considerablemente as súas capacidades futuras. O consumo de alcohol polos menores é unha realidade social da cal é moi difícil poder escapar.
Gonzalo Musitu, membro do comité científico de alcohol e sociedade, catedrático de psicosocioloxía da familia, recalcou a importancia da educación ante o consumo doalcohol. “Moitos dos problemas veñen polos déficits de personalidade os nosos adolescentes, que non saben dicir non; e ven o acto de beber como un acto de pertenza ao teu grupo de iguais”.
Sinala Musitu que teñen constancia que o 60 por cento dos xóvenes que acoden a un botellón non o fan co obxectivo de beber, senón de gozar coa compaña dos demais. O que si está claro é a conveniencia de atrasar a idade de inicio estes especialistasconsideran que toda a sociedade debe colaborar na loita contra as condutas de risco relacionadas co consumo de alcohol.
Unha das súas máximas é o consumo cero en colectivos de risco: menores, embarazadas, condutores ou enfermos; para os menores sempre utilizou ferramentas educativas. Os obxectivos son atrasar a idade de inicio no consumo, reducir a cantidade de menores que beben alcohol e acabar co abuso nos que o fan.
FONTE: ABC