Mocidade, Alcohol e outras Drogas: o problema de sempre, o reto de hoxe

Cartel informativo

25/04/2016

O vindeiro xoves 5 de maio, as sete da tarde, terá lugar na aula do centro cultural Manuel Lustres Rivas, a charla coloquio “Mocidade, Alcohol e outras Drogas: o problema de sempre, o reto de hoxe. Claves para unha mellor prevención”. Intervirán como poñentes o Prof. Dr. Antonio Rial Boubeta da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e Dna. Sandra Golpe Ferreiro, investigadora pre-doctoral

Na mesma darase a coñecer a magnitude do consumo de drogas na poboación escolar do noso municipio, a través dos resultados de estudo que se levou a cabo, a través dun acordo de colaboración, coa Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O estudo,titulado “Modelización do consumo abusivo de alcol en adolescentes: variables predictoras, comorbilidade, perfís de risco e validación dun programa de prevención”, forma parte dun proxecto de investigación, financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade que actualmente se atopa súa segunda fase, na que se pretende facer un screening (cribado) do consumo de alcol e outras drogas por parte dos/as estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Medios e analizar as claves ou variables subxacentes, para posteriormente deseñar programas de prevención realmente eficaces.

Ademais, este estudo permitirá a cada centro educativo (e o Concello no seu conxunto) dispor de datos, sobre o uso problemático de Internet e as redes sociais, un tema que tamén está a suscitar moita preocupación social e que está relacionado co consumo de sustancias.