Materiais didácticos para a prevención do consumo de drogas no eido educativo
18/01/2011
Estes materiais teñen como fin a introdución da prevención do consumo de drogas no ámbito da ensinanza infantil, primaria, secundaria e post-obrigatoria, baixo o enfoque da Educación para a Saúde, con anterioridade á aparición do problema, actuando sobre as causas que o orixinan.
A importancia de intervir precozmente entre os/as escolares radica no feito de que a maior parte dos mozos/mozas teñen un escaso coñecemento dos problemas que aparecen asociados ó consumo de drogas e posúen escasas habilidades para enfrontalos.
Estes materiais, que xa se veñen empregando nas aulas desde hai varios anos mediante cadernos en formato papel, forman parte das denominadas materias transversais e teñen como obxectivo informar, formar e xerar actitudes e comportamentos positivos para estilos de vida máis saudables.
Agora a súa aplicación está aberta ao profesorado que desexe utilizalos mediante a súa descarga. Poderase contar, para a súa implementación, contar co apoio das técnicas da Asociación Renacer, nos aspectos que fan referencia a técnicas ou estratexias didácticas que permitan unha utilización correcta e un aproveitamento idóneo dos mesmos.
Ensinanza primaria e infantil: Programa Saúde na Escola:
- Guía para o profesorado de educación infantil e primaria: Presentación con orientacións curriculares, contidos, metodoloxía e pautas para a aplicación.
- Caderno para o alumnado de 1º ciclo de primaria: Cadernos para o alumnado de 1º e 2º de primaria. Os contidos que se traballan son: alimentación saudable, deporte, traballo en equipo, o descanso, habilidades sociais, a saúde e o tabaco.
- Caderno para o alumnado de 2º ciclo de primaria: Cadernos para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Os contidos que se traballan son: habilidades sociais, alimentación, drogas, a saúde, autoestima e habilidades para a vida.
- Caderno para o alumnado de 3º ciclo de primaria: Cadernos para o alumnado de 5º e 6º de primaria. Os contidos que se traballan son: curiosidade, risco vs risco controlado, toma de decisións, tempo libre, presión de grupo, diversión, drogas: tabado e alcohol.
- Viñetas para educación infantil e primaria: Historietas continuadas dende infantil ata 6º de eduación primaria. Os contidos que se traballan son: alimentación saudable, autoestima, a saúde, os xoguetes, expresión de emocións, habilidades sociais, autonomía persoal e a publicidade.
- Decálogo para o alumnado de 6º de primaria: Decálogo para o alumnado de 6º de primaria para traballar o paso de primaria a secundaria.
- Decálogo sobre drogas: Decálogo para o alumnado de 6º de primaria para traballar sobre as drogas.
- Decálogo sobre a actividade física: Decálogo para o aulmnado de 5º de primaria para traballar a actividade física.
- Decálogo sobre o tabaco: Decálogo para o alumnado de 5º de primaria para traballar o tabaco.
Ensinanaza secundaria obrigatoria: Programa de Prevención do Consumo de Drogas na Escola:
- Materias didácticos para ensinanza secundaria: Guía metodolóxica con presentacións curriculares, contidos, metodoloxía, pautas para a aplicación e fichas para o alumnado.
Ensinanza post-obrigatoria: Programa de Prevención do Consumo de Drogas na Escola:
- Materiais didácticos para ensinaza post-obrigatoria: Guía metodolóxica con presentacións curriculares, contidos, metodoloxía, pautas para a aplicación e fichas para o alumnado. As unidades didácticas agrupanse nas seguintes asignaturas: lingua e literatura galega, lingua e literatura castelá, lingua inglesa, filosofía, historia de España, historia do mundo contempóraneo, matemáticas aplicadas a ciencias sociais, química, bioloxía e xeoloxía e música.