MARIHUANA E ADOLESCENTES

Cigarros Blunt

16/08/2021

Unha idea errada, moi extendida entre este grupo de idade, é que o consumo desta substancia é completamente seguro. Un equipo multiinstitucional acaba de publicar na revista "Pediatrics", a cal examina o impacto de consumir marihuana na poboación adolescente, que o impacto é contundente e decisivo na función respiratoria  e no desenvolvemento do cerebro. Un dos investigadores da Universidade de Texas sinala que a investigación sobre as diversas formas de consumo de marihuana amosa que cada método implica riscos diferentes.

Os productos da marihuana veñen en diferentes formas, e como resultado, cada producto ten o seu propio perfil de risco basado nas súas caraterísticas únicas e modo de administración. Por exemplo, os cigarros "blunts" están envoltos con follas de tabaco, polo que ademais de marihuana, conteñen niveis considerables de nicotina.

Deste xeito, debido a esta exposición á nicotina, o consumo de blunts pode servir de porta de entrada a outros productos de tabaco e nicotina, como os cigarros electrónicos, os puros e pipas de auga. Estes productos aumentan o risco de que os usuarios/as sufran enfermidades respiratoiras;  e outros riscos asociados ó consumo de tabaco e marihuana na adolescencia como a bronquite crónica, o comportamento adictivo e a vulnerabilidade a trastornos mentais. Aínda que os perigos son significativos, moitas persoas perciben o consumo da marihuana como unha actividade recreativa sen riscos.

Unha idea moi común e errada, sobre todo entre a poboación adolescente, é que o consumo de marihuana é completamente seguro e carece de efectos a longo prazo. Esta idea foi desmentida sistemáticamente por diversos estudos e hai probas científicas e comprobadas que amosan que o consumo regular de marihuana na adolescencia está asociado a diversas alteracións da conectividade das rexións cerebrais implicadas nunha ampla gama de funcións executivas, como a memoria, a aprendizaxe e o control de impulsos.

Todas estas investigacións perseguen un obxectivo común: concienciar sobre a saúde e garantir que a información falsa non promova percepcións percepcións prexudiciais e comportamentos de risco, sendo o obxectivo final capacitar a tódolas persoas para que tomen as decisións informadas basadas en feitos sanitarios.

FONTE: Revista Científica Pediatrics.