MAREA AZUL DE RENACER: NOVOS COSTUMES

MAREA AZUL DE RENACER

24/10/2023

Desde a asociación Renacer o día 12 de novembro desenvolveremos unha actividade baixo o lema "Estilos de vida saudables".

Coa mesma preténdese fomentar na poboación a inclusión na súa rutina de novos hábitos e costumes favorecendo un estilo de vida saudable, como un factor de protección, fronte a outros hábitos prexudiciais que están relacionados con  determinados patróns condutuais das persoas: mala  alimentación,  consumo de tabaco, falta de actividade física, e o abuso do consumo de alcohol, os cales poden conducir a medio e longo prazo, ó desenvolvemento de enfermidades ou converterse en factores de risco na posterior formación de determinadas adiccións.

As prácticas habituais de actividade física de xeito regular, ademais do mencionado:

  • Mellora o estado de ánimo e axuda a reducir o estrés.
  • Aumenta o grao de enerxía e mellora a produtividade da persoa.
  • Axuda a acadar e manter un peso adecuado.
  • Da maior flexibilidade e mellora a capacidade para realizar as actividades da vida diaria.
  • Reduce a probabilidade de ter unha enfermidade cardíaca.

A actividade dará comezo ás 10 da mañá na praza do concello, punto de encontro no que aquelas persoas que aínda non se inscribiron o poidan facer, e lugar onde se recollerán as camisetas. Dende alí, ás once menos cuarto, partirase andando cara o Complexo deportivo da Fieiteira formando unha gran marea azul entre todas as persoas participantes. Logo na Fieiteira, todas as persoas inscritas poderán  participar nuns talleres de baile, zumba e aerobic impartidas pola escola de baile el Tomasón e Fran Romay.

Os talleres terán unha duración de media hora, con períodos de 10 minutos de descanso entre cada un, para favorecer a participación de tódalas persoas participantes.